Currently viewing the tag: "Paul Auster"

– Unha lectora convidada: Marta R. P. –

A lei de Lem - Daniel Gonzalez Martin

Brooklyn Follies é unha das últimas traduccións de Galaxia que pasou polas miñas mans e estou segura que non será a derradeira. Aproveitando o “público” penso que é importante salientar o labor que tanto a editorial viguesa coma tamén Rinoceronte, Faktoria K de libros, etc, veñen facendo nos últimos anos ao publicar obras de autores estranxeiros na nosa lingua (no caso de Galaxia adiantándose incluso á publicación en castelán de “Do que estou a falar cando falo de correr”, un dos derradeiros libros de Murakami). Ter a opción de ler en galego autores internacionais é a miúdo un “privilexio” que non debería ser tal. Deberiamos  ter á nosa disposición traduccións en galego ao mesmo tempo ca en castelán e así poder escoller ao noso gusto (no caso de Brooklyn follies eu non dubidaría, a edición de Galaxia non pode ser millor).

Deixando estes aspectos á marxe, pasarei á novela, que é o que aquí realmente toca.

Nathan Glass decide dar un xiro completo á súa vida despois de ter superado un cancro: deixa o traballo de toda a vida, séparase da muller e volve a Brooklyn, a cidade onde vivira de rapaz cos seus pais. Instalado na súa nova vida, un día por casualidade atopa ao seu sobriño Tom, co que había tempo que perdera o contacto.

Podería seguir facendo un resumo da trama do libro, pero deixarei as “tolerías” de Brooklyn para que cadaquén as goce á súa maneira. Pola miña parte, eu gocei moito con elas. Xa teño lido algún outro libro de Paul Auster e a verdade é que é un autor que polo de agora non me ten defraudado. Sabe escribir boas historias e crear bos personaxes, construíndo unhas realidades moi próximas ao lector e todo isto cunha narrativa moi sinxela, cousa que seguro que é ben difícil de acadar.

Estas tolerías de Brooklyn teñen un regusto positivo, ou polo menos así pasou no meu caso, aínda que ao final do libro apareza o episodio das torres xemelgas do 2001 coa súa sombra de traxedia. Auster fainos saber que o atentado cambiará o curso das cousas, que nada será coma fora ata aquel momento, máis malia este feito, eu collo a mensaxe positiva do libro: a idea das segundas oportunidades, das posibilidades de cambio nas nosas vidas. O resultado, ás veces, é positivo. Xa se sabe que quen non arrisca non gaña………..mais tampouco perde.. (unha galega non pode dicir outra cousa….)

AUSTER, Paul. Brooklyn follies. Tradución, Eva Almazán. Vigo: Galaxia, [2006]. 328 p. 22 cm. (Literaria: Galaxia: 227). ISBN: 84-8288-900-1.

A lei de Lem - Daniel Gonzalez Martin
Tagged with:
 

“Escríbese en soidade, lese en soidade e aínda así a lectura permite unha comunicación profunda entre os seres humanos.” Paul Auster

Hoxe escollo esta cita de Paul Auster non só porque fala da lectura, se non porque fala tamén dun club de lectura. Non fala dun en concreto, pero para min o “meu” club de lectura sempre vai ser o club de lectura “la ciència a la literatura” da Biblioteca Les Corts Miquel Llongueras. Neste club participo dende hai uns anos. Tamén é onde aprendín a participar no seu blogue, experiencia esta que aproveito para o meu blogue persoal, que é este.

Saúdos.

Tagged with: