Currently viewing the tag: "Panxón na ficción"

Fotografía 42: Nasas no porta de Panxón. 10 de agosto de 2010. Fotografía de Daniel Gonzalez Martin

As nasas de Xusto Castelo seguían amoradas contra o muro branco do espigón. (p. 389)

Sen dúbida, estas son as nasas de Xusto Castelo. É o que me dixen cando paseaba até o espigón do porto de Panxón. E tamén estaban os pescadores de sempre, como descubrira en seguintes visitas. Panxón foi un dos primeiros lugares que estivera fora de Vigo que visitei a partir das novelas de Domingo Villar, Hai tempo que fixen isto, e pendurar e mirar de novo estas fotografías tráenme á lembranza dese intre.

Villar, Domingo. A praia dos afogados. Vigo: Galaxia, 2009. 504 p. 21 cm. (Literaria/ Galaxia: 273) ISBN 978-84-9865-180-5.

Fotografía 24: Cemiterio de Panxón. (20 de agosto de 2010). Fotografía de Daniel Gonzalez Martin

“– É bonito – comentara Estébez cando chegaban.
– Si, ademais fai un día precioso.
– Falo do cemiterio, é moi bonito.
– O cemiterio?
– Si, aquí todos o son. Non sei que teñen… Non sei se é a pedra cuberta de carriza, as cruces ou que, mais abofé que na miña terra non son así.”
Ollos de auga, p 93.

Fotografía 24: Cemiterio de Panxón. (20 de agosto de 2010). Fotografía de Daniel Gonzalez Martin

“ – Que bonitos son aquí os cemiterios – murmurou o aragonés, e Caldas asentiu. Non era a primeira vez que o seu axudante admiraba en voz alta os camposantos galegos.” A praia dos afogados, p 236.

Como non estar de acordo coa apreciación do bruto (cada vez un pouco menos) de Estévez? Os liques, a pedra… o ar engadiría eu. Sen atopar acordanzas dolorosas como pensa Caldas, teño que recoñecer que os cemiterios non me gustan demasiado. Por unha banda gústame o silencio destes lugares. Penso ademais que o silencio dos cemiterios é diferente á calma de outras paraxes. Por outra banda (e unha parvada, si) nos cemiterios malia estar so… hai alguén.

Eu nunca aturo moito rato nos cemiterios.

Villar, Domingo. Ollos de auga. Vigo: Galaxia, 2007. 240 p. 21 cm. (Literaria/ Galaxia: 233) ISBN 978-84-8288-927-6.

Villar, Domingo. A praia dos afogados. Vigo: Galaxia, 2009. 504 p. 21 cm. (Literaria/ Galaxia: 273) ISBN 978-84-9865-180-5.

(Foto: Daniel Gonzalez Martin)

Fotografía 22: Praia da Madorra (30 de decembro de 2009). “Leo Caldas buscou o paquete de tabaco e acendeu un cigarro. Estaban apoiados na varanda da praia da Madorra, vendo as ondas romper sobre a franxa escura de algas que cubría a orela.” (p. 139)

(Foto: Daniel Gonzalez Martin)

Fotografía 23: Mirando ao Atlántico dende a praia da Madorra (30 de decembro de 2009). “O cadáver aparecera flotando na beira da praia da Madorra o luns pola mañá. Cando o sacaron do mar vestía un xersei groso sobre una camisa branca, pantalón de pana e botas de auga.” (p. 223)

A praia da Madorra é a “verdadeira” praia dos afogados. Fixen estas fotos sen saber cal era exactamente a praia onde arribaban os corpos dos náufragos. Estaba en Vigo e boteille unha ollada rápida a novela na Biblioteca Nodal de Vigo, para descubrir que a historia sucedía en Panxón. Estaba a facer fotos para “Ollos de auga” e non quixen marchar sen ter algunha foto para “A praia dos afogados”. A praia da Madorra é unha moi linda, como moitas praias de Galiza. É moi que os galegos nada teñen que envexar de ningunha outra praia do mundo.

Villar, Domingo. A praia dos afogados. Vigo: Galaxia, 2009. 504 p. 21 cm. (Literaria/ Galaxia: 273) ISBN 978-84-9865-180-5.

Tartaruga máxica non só leu este segundo caso de Leo Caldas. Tamén fixo algunhas fotos da praia de Panxón.

(Foto: Daniel Gonzalez Martin)

Fotografía 20: Praia e porto de Panxón. (30 de decembro de 2009).”Pagaron a conta e volveron camiñando ata o coche. Estévez deixárao aparcado sobre o espigón, xunto o club náutico. (p. 159)

(Foto: Daniel Gonzalez Martin)

Fotografía 21: Club Náutico de Panxón. (8 de agosto de 2010). “Os policías entraron no recinto do club náutico de Panxón. Á esquerda estaban as escaleiras que conducian ao  edifico social. Como tantos outros clubs náuticos fora construido a semellanza da ponte de mando dun barco, coa silueta ondulante e as fiestras do seguno piso redondas coma ollos de boi.” (p. 130-131)

Na miña primeira visita a Panxón, cando aínda non tiña lida a novela e non sabendo unha cousa tan sinxela coma que a praza de abastos era a lonxa, pensaba que esta se atopaba nun recuncho do edificio do club náutico. Visto está que os turistas non temos doado achegarnos aos lugares á primeira.

Déixovos coa canción de Solveig interpretada por Anna Netrebko. É a canción que asubiaba Xusto Castelo. Leo Caldas non tiña nin idea de que canción se trataba e eu tampouco. Busqueina por curiosidade e quedei abraiado do linda que é. Penso tamén na dificultade de asubiar un tema coma este, sobre todo porque eu son incapaz de acadar a melodía máis sinxela. A ver se funciona o chintófano este… 😉

Villar, Domingo. A praia dos afogados. Vigo: Galaxia, 2009. 504 p. 21 cm. (Literaria/ Galaxia: 273) ISBN 978-84-9865-180-5.

Tartaruga máxica non só leu este segundo caso de Leo Caldas. Tamén fixo algunhas fotos da praia de Panxón.

“Saíu á rúa e mirou aos lados buscando a Arias […] Volveuse cara a os mariñeiros veteranos e non necesitou preguntar. Un deles sinalou cun movemento de cabeza a rampla que descendía ata o mar, e Caldas descubriu a Arias anicado no bordo da auga.” (p. 86)

(Foto: Daniel Gonzalez Martin)

Fotografía 15: Porto de Panxón. 30 de decembro de 2009.

(Foto: Daniel Gonzalez Martin)

Fotografía 16: Porto de Panxón. 10 de agosto de 2010.

Nunha destas ramplas é onde o mariñeiro Arias, un dos sospeitosos, ceiba as nécoras femias que portan ovos. Non teño claro cal podería ser. A primeira, a máis preta do espigón creo que é a máis próxima a porta da lonxa. A segunda, máis ancha e onde descansan algunhas embarcacións, estaría máis achegada á traxectoria de Leo Caldas. Non o quero saber con certeza, pois non espero de Domingo Villar unha descrición precisa de elementos secundarios á trama, e tamén me gusta facer as miñas suposicións a partir do lido.

Villar, Domingo. A praia dos afogados. Vigo: Galaxia, 2009. 504 p. 21 cm. (Literaria/ Galaxia: 273) ISBN 978-84-9865-180-5.

Tartaruga máxica non só leu este segundo caso de Leo Caldas. Tamén fixo algunhas fotos da praia de Panxón.

(Foto: Daniel Gonzalez Martin)

Fotografía 12: Templo Votivo do Mar, Panxón. (30 de decembro de 2009). “Nas primeiras décadas do século XX, o párroco e os fregueses de Panxón decidiran demoler a igrexa antiga, que quedara pequena, para construíren unha dun tamaño maior. […] Lenvantouse no alto dun outeiro próximo ao arco para que a súa silueta lle servise de guía aos mariñeiros, coas paredes de pedra envolvendo unha cúpula octogonal.” (p. 196)

(Foto: Daniel Gonzalez Martin)

Fotografía 13: Campanario do Templo Votivo do Mar. (30 de decembro de 2009). “A alba estaba a raiar e, baixo a silueta do campanario do Templo Votivo do Mar, a vila espertaba.” (p. 86)

(Foto: Daniel Gonzalez Martin)

Fotografía 14: Detalle do solo. (10 de agosto de 2010). “Rafael Estévez agardou ao pé da costa co motor en marcha mentres Caldas subía ata o Templo Votivo do Mar para devolverlle ao sacerdote a fotografía dos tripulantes do xurelo.” (p. 392)

A igrexa de Panxón destaca efectivamente por encima dos edificios baixos que a rodean. Destaca ademais polo seu aspecto, moi diferente ao doutras igrexas. Eu non a coñecía polo nome de Templo Votivo, nin tampouco coñecía os detalles mariñeiros dos seus chans ata que a lectura da novela fixo que me achegase ata as súas portas.

Villar, Domingo. A praia dos afogados. Vigo: Galaxia, 2009. 504 p. 21 cm. (Literaria/ Galaxia: 273) ISBN 978-84-9865-180-5.

Tartaruga máxica non só leu este segundo caso de Leo Caldas. Tamén fixo algunhas fotos da praia de Panxón.

Fotografía 6: Estaleiro Barreras. 13 de agosto de 2010. (Foto de Daniel Gonzalez Martin)

“O coche dos policías deixou atrás o porto pesqueiro e circulou fronte aos estaleiros, onde o resplandor dos soldadores comezaba a alumar as entrañas dos buques en construción” (p. 75)

Fotografía 7: Porto de Panxón a primeira hora da mañá. 10 de agosto de 2010. (Foto de Daniel Gonzalez Martin)

“A meirande parte das barcas eran gamelas e outras barcas de pesca pequenas, aínda que tamén se adiviñaba un mastro na escuridade” (p. 78)

Fotografía 8: O Porto de Panxón xa de día. 10 de agosto de 2010. (Foto de Daniel Gonzalez Martin)

“En Panxón non había embarcadoiros. Os barcos amarrábanse a mortos, boias que flotaban suxeitas por cadeas a bloques de formigón afundido” (p. 77)

Vou dicir coa boca pequena que esta parte da cidade, os estaleiros, gústame moito. E tamén me gusta ver no xornal que os estaleiros reciben encargos, se botan algún barco xa construído e as imaxes destas máquinas xigantes. Dígoo deste xeito porque entendo que para os vigueses (e viguesas) os estaleiros son un impacto ambiental e visual notable. Mais de verdade penso que son un recurso de riqueza e traballo para a xente. Eu desexo que perduren moito tempo alí. Na imaxe, os soldadores do Estaleiro Barreras traballan xa na parte externa do buque.

Panxón é unha vila pequena e tranquila. Se cadra por isto mesmo é un escenario chulo para a novela. Tiven que buscar mastro na Galipedia para saber que non correspondía ao nome doutro tipo de embarcación, que só se trata dunha parte daquela. Eu coñecín Panxón graciñas a A praia dos afogados.

Villar, Domingo. A praia dos afogados. Vigo: Galaxia, 2009. 504 p. 21 cm. (Literaria/ Galaxia: 273) ISBN 978-84-9865-180-5.