Currently viewing the tag: "Novelas"

“[…] as novelas; tanto para quen as escriben como para quen as len, iso son: vidas hipotéticas, camiños que a nosa existencia puido seguir e non seguiu ou aínda non seguiu. E para iso necesitamos as novelas: para vivir de mentira o que non puidemos ou non quixemos vivir de verdade, para enriquecer as nosas vidas, para ensaiar o futuro e prepararnos para el ou protexernos del, para vivir do todo.”

Engado esta cita abraiado e sorprendido pola reacción que Stephen King provocara en Javier Cercas. Non sei cantas veces me pregunto para qué serven as novelas. Penso que polo menos unha vez cada dia pregúntome para qué serve ler. Non me teño dado unha resposta convincente, mais teño claro que é algo que me gusta facer.

CERCAS, Javier. Vidas hipotéticas. El País. 19 xan. 2014. [Consulta: 20 xan. 2014]. http://elpais.com/elpais/2014/01/17/eps/1389955534_785550.html

Tagged with:
 

“Doutra banda, as novelas, que son obras de imaxinación pero non dunha orde moi elevada, durante anos fóronme consolo e un pracer marabillosos, e a miúdo bendigo aos novelistas” (p. 135). Charles Darwin

Esta cita ten unha opinión moi clara sobre o valor da narrativa mais ociosa, que moitos (moitas) atoparán desacertada ou con prexuízo. En calquera caso, para min é un pracer descubrir a unha persoa tan especialista no seu tema como Charles Darwin descobre os beneficios desta actividade insubstituíbel que é a lectura.

Darwin, Charles (2009) Autobiografia (The autobiography of Charles Darwin: 1809-1882. 1958) Trad. Jaume Terrades. Introducció de Martí Domínguez. València: Universitat de València. 16 x 21 cm, 150 p. ISBN-10: 84-370-7328-6.

 

Tagged with: