Currently viewing the tag: "lectura"

Queres ler máis?
Fala menos.
Ten un libro na mesiña.
Levanta quince minutos antes.
Le en voz alta un poema cada noite antes de cear.
Non podes durmir?
Non contes ovellas, le.
Pecha o televisor. Sintoniza un libro.
Abre os teus horizontes.
Le para divertirte.
Le para informarte.
Ven ás bibliotecas.

Tradución á lingua galega da adaptación en lingua catalá feita polo Servizo de Bibliotecas da Deputación de Girona dun anuncio da American Library Association.

Tagged with:
 

“Penso nalgúns editores e glosadores que aplicaron realidade aumentada aos libros: en tantos casos de sobreinformación e sobrenotación que arruína non só a trama senón a lectura, a experiencia da lectura e o mesmo libro. Unha obra literaria é ese texto, con todas as súas palabras e ata a última coma, e nada máis.”

Ignacio Vidal-Folch facía unha crítica ao uso da realidade aumentada para atraer a ese público que xeralmente non accede ás obras plásticas. No escrito poñia o exemplo da literatura. Esta non é o tema principal do artigo, pero me gusta moito recoñecer perfectamente o que comenta sobre a lectura.

Vidal-Folch, Ignacio. Realidad aumentada. En El País [en línia]. 27 maio 2012 [Consulta: 29 maio 2012]. Dispoñible en: http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/05/25/catalunya/1337978138_356053.html

“Que nos aporta a lectura? Que estraña forma de compromiso mantemos co que lemos? Que facemos, ao ler? Que fai a lectura connosco? Será a lectura, como inxenua e equivocadamente pretenden algúns, unha paréntese da vida? Ou será quizais máis ben unha forma de vida? Por outra banda, ese acto de lectura, que tradicionalmente considerouse como un recollemento, como unha concentración na soidade do ler, non será máis ben unha forma de comunidade, un xeito de pertencer a unha comunidade e de contribuír a enriquecela?” Xavier Antich

Non sei porqué a lectura é unha actividade especialmente recomendada en tempos de crise. Isto é o que parece acontecer de acordo con algúns artigos e columnas de opinión que estou a ler ultimamente. Amólame unha chisca. Para min a lectura tivo e ten o mesmo (alto) valor de sempre.

Mais benvidos sexan, por suposto, artigos coma este de Xavier Antich que nos fala do libro de Ángel Gabilondo, Darse a la lectura. O libro pinta máis que ben. Mais non deixedes de pasar polo artigo de Antich para saber en qué consiten os perigos da lectura. Penso que vos vai gustar.

Tagged with:
 

Tratei de ler os clásicos que me orientaron na miña adolescencia, e non puiden con eles. Mergulleime nas letras románicas que tanto repudiei cando o meu pai quixo impoñermas con man dura […] Cando os meus gustos en música fixeron crise descubrinme atrasado e vello, e abrín o meu corazón ás delicias do azar. (p. 66)

Logo de ler García Márquez na miña “xuventude” de forma compulsiva, volvín a este título, sen consideralo unha cita pendente. O que di García Márquez neste parágrafo chámame a atención, polo que me pasou e polo que me deixou de pasar. Non me pasou perder admiración polos clásicos, que considero unha fonte da que hai que beber de cando en vez, e que é mala idea non visitar. Non me mergullei en lecturas que non me gustaron nunca, aínda que si que teño relido algunha para sentirme un pouco decepcionado. En canto ao que di da música estou totalmente de acordo, e de feito fágoo extensivo tamén á lectura. Agora, criterios “xuvenís” superados ou apartados, leo case calquera cousa sen prexuízos.

GARCÍA MÁRQUEZ, Gabriel. Memoria de mis putas tristes. Barcelona: Debolsillo, 2006. 108 p.; 19 cm. (Bestseller; 354) ISBN 9788497938464.

Os lectores, aqueles que compramos libros (cousa que fai que teñamos ao menos unha parede forrada de libros), somos protagonistas na columna do escritor Quim Monzó, do pasado día 13 de xaneiro. Unha carta ao diario duns días anteriores provoca a reflexión deste escritor, que está en gran parte de acordo coa opinión do señor Marcel Albet, autor da misiva.

Monzó fálanos dos usos que do libro fan aqueles que compran o libro como obxecto ou porque toca, porque a moda di que hai que ler aquilo nese intre. Deste xeito, explica con retranca usos tan dispares dos libros como o illante térmico e sonoro, ademais do decorativo. Este comprador de libros ten tamén que non adoita ler o libro que mercou. Monzó conclúe que a imposibilidade de poder empregar o libro electrónico para usos tan afastados da súa primeira finalidade, fai que este alicerce sexa unha boa opción para os lectores verdadeiros. Os libros xa non serán a impedimenta que son, polo peso e volume que dificulta o seu transporte e a súa almacenaxe.

“O libro electrónico ten un futuro espléndido entre os lectores auténticos” Quim Monzó

É só a miña opinión e non desexo máis que engadir esta ao tema. Non vexo no libro electrónico vantaxes significativas para os lectores de verdade. O libro será máis caro: terá o mesmo prezo que en papel, e teremos que engadir os gastos de recargar a batería e o prezo do aparello (do lector, afectado previsiblemente pola obsolescencia programada de moitos aparellos). A facilidade de almacenamento, para quen é unha vantaxe? Eu non leo máis rápido polo feito de ter máis lecturas pendentes. De acordo, o libro electrónico facilitarame xuntar aqueles títulos que teña interese en ler, sen que ocupen espazo na miña biblioteca. Unha xogada a favor da compra compulsiva. Cantas veces poderei retornar a un título? É certo que non releo moito. Mais no caso do libro en papel, eu podo controlar parte do seu estrago ou boa conservación. No caso do libro electrónico, é tamén o editor quen marca cantas veces podo reler un título (cos DRM).

Chegados aquí, se cadra pasan dúas cousas. A primeira: que o futuro espléndido para o libro electrónico sexa sobre todo para os implicados no negocio e non tanto para os lectores. A segunda: que eu non sexa un lector de verdade.

Tagged with:
 

O pasado curso escolar empezou coa novidade da introdución do ordenador persoal nas aulas. A día de hoxe esta iniciativa non chegou a quedar debido á carencia de contidos pedagóxicos adecuados para a actividade docente. En todo caso, a noticia comezou un debate sobre a necesidade da lectura como tal e si a substitución do libro de texto en papel por recursos dixitais sería unha opción acertada. Desde o mundo editorial, pero tamén desde outros sectores, deuse unha certa voz de alarma. Un argumento destes: o informe do Programa para a Avaliación Internacional do Alumnado (PISA) que daba índices de comprensión lectora inferiores a outros países coma por exemplo Bulgaria. Este temor cara ao acantoamento da lectura é compartido por moitos autores. Un deles é Stanislaw Lem, que nunha das súas obras define, con non pouca ironía, a Lei de Lem:

“Como é sabido, non hai nada que os editores teman tanto como editar libros, porque xa está en plena vixencia a chamada Lei de Lem (“Ninguén le nada; se le, non comprende nada; se o comprende, esquéceo axiña”), debido á habitual falta de tempo, a oferta excesiva de libros e a publicidade demasiado perfecta”.

Somos animais visuais e gran parte do noso recordo fundaméntase neste sentido. Os medios audiovisuais condicionan dalgún xeito o acceso á lectura, polo menos nun sentido máis clásico (ou antigo, se queredes) do concepto. Outros autores e autoras tamén “falan” da Lei de Lem. Carme Font di que:

“Se moitas persoas non falan de libros como antes, se non de por  exemplo películas, folletóns ou videoxogos, é porque nos afixemos a adoptar unha actitude pasiva diante do obxecto transmisor de cultura e coñecemento”.

Outro sector onde atoparemos referencias nesta tendencia non comprobada é o noso: as bibliotecas. Nunha conferencia pronunciada no aula Rubió i Balaguer da Facultade de Biblioteconomía e Documentación o 22 de setembro de 2008 Anthony Calnek, da Biblioteca Pública de Nova York explicaba en que mesura as bibliotecas daquela cidade enfócanse cara o apoio audiovisual por medio da Rede:

“Dous de cada tres usuarios de Internet miran vídeos”.

Podemos deducir entón que quizais a lectura non é o que prefiren a maioría de usuarios? A través dunha lista de distribución chegoume unha mensaxe que fala de 30 vantaxes do libro electrónico. Unha delas era que os libros electrónicos promocionaban a lectura a maior parte da xente pasaba moito tempo diante do ordenador que diante dun libro impreso. Se cadra Lem pensaba máis no mundo editorial que nos medios audiovisuais. Máis penso inevitábel que ler un libro ofrécelle poucas cousas a aqueles habituados á interacción, adictiva as veces, das pantallas.

Referencias

Font, Carme. Cómo escribir sobre una lectura: guía práctica para redactar informes editoriales y reseñas literias. Barcelona: Alba, 2007. 94 p. 22 cm. (Guías del escritor: 18). ISBN: 978-84-8428-342-3.

Lem, Stanislaw. Provocación (Prowokacja. 1984) Trad. Joanna Bardzinska, Kasia Dubla. Madrid: Funambulista, 2005. 14 x 18 cm, 155 p. (Literadura) ISBN-10: 84-934079-6-8.

Imaxe: Mr Solaris, by dennissimo.

Propuxéronme facer unha cousa. Trátase do Reto con carácter. En que consiste? Pois en facer unha cousa que a min xa me gusta: ler. Máis O reto proponnos facer unhas lecturas concretas. Non pensades que a elección é pequena ou pechada. Trátase de ler durante este ano varios libros onde o número de caracteres dos títulos estea comprendido entre 1 e 25. Isto é: un libro cun carácter no seu título, un libro con dous caracteres no seu título, e así sucesivamente. Ademais, hai que ler catro recomendacións dunha lista de propostas. A suma dos caracteres é o mesmo número de días deste ano.

Quero invitarvos a aceptar o reto porque paréceme curioso e divertido. Eu fixen unha selección de libros que teño en casa aínda pendentes de ler. Prefiro poder facer isto, porque deste xeito non deixo de ler cousas que teño na miña biblioteca, e unha gran parte dos títulos son xa do meu interese. A páxina podémola consultar en castelán e francés, pero non hai ningunha condición sobre a lingua en que estea escrito aquilo que lemos. Outro detalle xulo é a posibilidade de engadir un enlace de interese na páxina onde rexistramos as lecturas feitas. Vemos deste xeito un recurso consultado polo lector (ou pola lectora) daquel libro.

Pero un aspecto tamén interesante é estar aberto a lecturas inesperadas, ler un libro cun criterio tan anómalo como pode ser o número de caracteres que contén o título. Ler por ler, sen miramentos, sen ter presente autores ou xéneros, e facelo de cando en vez, é un exercicio de lectura moi san. Animádesvos a participar?

Tagged with:
 

“Quen vive de xeito case neurótico a actividade de ler, tanto como outros o alcohol ou o fútbol, desexamos que quen nos arrodea sexa coma nós, lector”. Víctor Moreno.

Esta é unha desas primeiras liñas que fan de garfo. A min pasoume no intre de ler as primeiras palabras do ensaio sobre a lectura de Víctor Moreno La manía de leer. Crer que toda persoa que le está interesada na lectura en si mesma como tema é unha suposición que eu considero certa. Se se é lector máis ou menos asiduo, a lectura é un tema máis. É isto verdade? Pois podería ser que non. O autor do ensaio fálanos con sentido crítico da percepción da actividade da lectura e da súa difusión, da súa promoción. Polo que lin até agora, estou a recibir algunha que outra lambetada en tanto que lector fanático. Mais estou a rematar a lectura para saber que nos di o autor exactamente.

Moreno, Víctor. La manía de leer Madrid: Caballo de Troya, 2009. 396 p. 13 cm. ISBN: 978-84-96594-35-7.

Tagged with: