Currently viewing the tag: "La playa de los ahogados"

Fotografía 42: Nasas no porta de Panxón. 10 de agosto de 2010. Fotografía de Daniel Gonzalez Martin

As nasas de Xusto Castelo seguían amoradas contra o muro branco do espigón. (p. 389)

Sen dúbida, estas son as nasas de Xusto Castelo. É o que me dixen cando paseaba até o espigón do porto de Panxón. E tamén estaban os pescadores de sempre, como descubrira en seguintes visitas. Panxón foi un dos primeiros lugares que estivera fora de Vigo que visitei a partir das novelas de Domingo Villar, Hai tempo que fixen isto, e pendurar e mirar de novo estas fotografías tráenme á lembranza dese intre.

Villar, Domingo. A praia dos afogados. Vigo: Galaxia, 2009. 504 p. 21 cm. (Literaria/ Galaxia: 273) ISBN 978-84-9865-180-5.

Punta Lameda. O camiño que chega até o faro. 20 de agosto de 2010. Fotografía de Daniel Gonzalez Martin

– Onde estaba?
– Afundido xunto ao faro de Punta Lameda, en Monteferro. Sabe onde é?
– Está preto da praia onde apareceu o corpo? (p. 260)

Punta Lameda. 20 de agosto de 2010. Fotografía de Daniel Gonzalez Martin

“Non che dixen que queda a auga tan calma coma unha piscina? Pódese subir e baixar sen problema sempre que a marea non cubra a barreira. Algúns mariñeiros da vila viñan aquí hai anos colocar as nasas.” (p. 279)

Atopar Punta Lameda foi unha ledicia. Estaba na praia de Patos e fixen un paseo seguindo o percorrido que lembraba da novela. Foi doado chegar e identificar o lugar correctamente (grazas a indicación co nome e a petición de respeto polo sinal para os mariñeiros). Creo lembrar que polomenos nunha ocasión o club de lectura visitou o lugar. Que envexa, san por suposto, que unha actividade deste tipo conte con estas saídas.

Villar, Domingo. A praia dos afogados. Vigo: Galaxia, 2009. 504 p. 21 cm. (Literaria/ Galaxia: 273) ISBN 978-84-9865-180-5.

Anoitecer no casco vello. Vigo. 29 de decembro de 2009. Fotografía de Daniel Gonzalez Martin

O sol deitábase tras o edificios do casco vello tinguindo o ceo de laranxa, coma o cadro de Lodeiro pendurado na parede do Elixio. Caldas botou a andar cara á comisaría e acendeu o teléfono móbil. Iluminouse pouco despois co aviso dunha chamada perdido. (p. 255)

Anoitecer na Ría de Vigo. Vista dende a Rúa Alfonso. 8 de agosto de 2010. Fotografía de Daniel Gonzalez Martin

Hoxe este paseo amosa a cidade anoitecida. Pregúntome se o cadro ao que Caldas se refire  é semellante ou é mesmo  “Paisaxe”, o que ten unha montaña baixo ese ceo laranxa. Polo intre é algo que non podo comprobar. E teño que volver a unha das miñas frustracións: unha visita pendente ao Elixio que se está a eternizar.

Villar, Domingo. A praia dos afogados. Vigo: Galaxia, 2009. 504 p. 21 cm. (Literaria/ Galaxia: 273) ISBN 978-84-9865-180-5.

Rúa da Pedra. Vigo. 6 de agosto de 2010. Fotografía de Daniel Gonzalez Martin

O inspector seguía facendo conxeturas cando na rúa Cánovas del Castillo se cruzou con ducias de turistas acabados de desembarcar no peirao de transatláticos. Uns acudían aos postos das ostreiras no mercado da Pedra […] (p. 249)

A Rúa da Pedra é dende hai pouco tempo unha rúa aínda máis agochada, despois da cuberta que fai que os turistas poidan gozar das otras resgardados da choiva. Isto se chove, porque no verán, cando chegan os cruceiros non sempre chove.

Praza da Alameda. Vigo. 21 de agosto de 2010. Fotografía de Daniel Gonzalez Martin

Os xardineiros aproveitaban a tregua concedida pola choiva para varrer as follas caídas na Alameda e os nenos volvían correr destrás das pombas. (p. 251)

Na Alameda, se chove, móllaste. Máis neste parque eu teño a oportunidade de ver un dos espectáculos que máis me gustan. Trátase dos bailes tradicionais que se fan, que teñen a particularidade de combinar bailes galegos e bailes de países de lonxe. Visitar Vigo no verán ten a desvantaxe de non atopar “O Elixio” aberto, mais a vantaxe de si atopar estes bailes.

Villar, Domingo. A praia dos afogados. Vigo: Galaxia, 2009. 504 p. 21 cm. (Literaria/ Galaxia: 273) ISBN 978-84-9865-180-5.

Fotografía 29: Rúa da Palma. (6 de agosto de 2010). (Foto: Daniel Gonzalez Martin)

Fotografía 30: Praza da Constitución. (21 de agosto de 2010). (Foto: Daniel Gonzalez Martin)

“Despois do café saíu e camiñou pola rúa da Palma xunto a contatedral. Por unha canella lateral viu os camareiros dos bares da Praza da Constitución montando as mesas das terrazas.” (p. 250)

Doume conta que cando engado un comentario ás fotografías e á cita que aparece na novela de Domingo Villar este nunca ou case nunca é congruente coa época do ano e/ou coa hora do dia en que fixen a foto. Esta sensación resúltame… molesta, incómoda. Doume conta que apenas coñezo a cidade e que ao longo do ano acabo pasando nela moi poucos dias. Intento consolarme dicíndome que precisamente por este motivo podo facer unha mais proveitosa lectura de A praia dos afogados, pois é a través da narración que podo coñecer máis cousas sobre e Vigo (e Galiza).

Villar, Domingo. A praia dos afogados. Vigo: Galaxia, 2009. 504 p. 21 cm. (Literaria/ Galaxia: 273) ISBN 978-84-9865-180-5.

Fotografía 27: Os Xardíns de Montero Ríos. (21 de agosto de 2010)(Foto: Daniel Gonzalez Martin)

Fotografía 28: Peirao deportivo de Vigo. (3 de agosto de 2010)(Foto: Daniel Gonzalez Martin)

“O inspector baixou desde a comisaría aos Xardíns de Montero Ríos e camiñou xunto ao mar ata a punta do peirao que protexía os barcos no porto deportivo.” (p. 248)

Nos Xardíns Montero Ríos foi onde “La Bandita Alegre” instalou a súa carpa para ofrecer o seu espectáculo “Isto non é Walt Disney”. Este espectáculo de pallasos foi unha ocasión para case coñecer os xardíns por “dentro”. Digo isto porque eu sempre me desvío cara o Xulio Verne sentado sobre os tentáculos dun polbo (xigante, por suposto) situado na Rúa das Avenidas, que pasa xunto o Club Náutico.

Se cadra a Rúa Montero Ríos fai coma aquí Les Rambles, en tanto que lugar de paseo para os cidadáns (os turistas, no caso de Barcelona, son maioría en xeral). Os paseo até o faro de entrada ao peirao deportivo é un dos percorridos máis singulares que se poden facer en Vigo. Os barcos de mercadorías que chegan o marchan, os barcos que levan á península do Morrazo (por certo: un dos escenarios do vindeiro caso de Leo Caldas, de acordo co que puiden ler nun xornal), as traiñeiras (cando hai competición) e as gaivotas, carráns e corvos mariños (case sempre). Máis o mellor: o aloumiño do Atlántico.

Villar, Domingo. A praia dos afogados. Vigo: Galaxia, 2009. 504 p. 21 cm. (Literaria/ Galaxia: 273) ISBN 978-84-9865-180-5.

O Elixio, outra vez pechado

Fotografía 26: O Elixio, Vigo. (33 de agosto de 2010) Foto: Daniel Gonzalez Martin

“Chovía con forza de novo cando entrou no Elixio. A estufa de ferro estaba acendida e varias mesas ocupadas. Caldas pendurou o impermeable na percha e achegouse á barra baleira. Podía oír os catedráticos conversando tras el, no seu sitio de costume, e a voz grave de Carlos nalgunhas mesa ao fondo da taberna”. (p. 218)

Unha ración de empanada de zamburiñas e máis unha cunca de viño branco, do Rosal. Dende que lin Ollos de auga que tiña ben claro qué tomaría no Elixio. Mais como pasara co roteiro fotográfico do anterior título, atopei o Elixio pechado. Unha mágoa. Acostumo a visitar a cidade en vacacións e non son boas datas para poder facer algunhas cousas. A visita ao Elixio aínda se me resiste. Estou á espera de poderme achegar algún dia e ás veces penso en cousas que non sei se de verdade vin. Pareceume ver, non lembro agora onde foi, que a carón dunha das mesas desta taberna hai unha chapa co nome de Leo Caldas. Serán imaxinacións miñas?… E terán albariño do Rosal no Elixio?

No Elixio os catedráticos, siareiros de Patrulla nas ondas, dubidan cal pode ser a sintonía que Santiago Losada lle puso a Caldas no programa. O tema “Walkin’ the dog” que vos convido a escoitar non corresponde á devandita melodía (esta foi composta por Rufus Thomas e non por Gershwin), mais gustoume moito atopar esta versión dos Stones.

Villar, Domingo. A praia dos afogados. Vigo: Galaxia, 2009. 504 p. 21 cm. (Literaria/ Galaxia: 273) ISBN 978-84-9865-180-5.

Tartaruga máxica non só leu este segundo caso de Leo Caldas. Tamén fixo algunhas fotos da praia de Panxón.

Fotografía 24: Cemiterio de Panxón. (20 de agosto de 2010). Fotografía de Daniel Gonzalez Martin

“– É bonito – comentara Estébez cando chegaban.
– Si, ademais fai un día precioso.
– Falo do cemiterio, é moi bonito.
– O cemiterio?
– Si, aquí todos o son. Non sei que teñen… Non sei se é a pedra cuberta de carriza, as cruces ou que, mais abofé que na miña terra non son así.”
Ollos de auga, p 93.

Fotografía 24: Cemiterio de Panxón. (20 de agosto de 2010). Fotografía de Daniel Gonzalez Martin

“ – Que bonitos son aquí os cemiterios – murmurou o aragonés, e Caldas asentiu. Non era a primeira vez que o seu axudante admiraba en voz alta os camposantos galegos.” A praia dos afogados, p 236.

Como non estar de acordo coa apreciación do bruto (cada vez un pouco menos) de Estévez? Os liques, a pedra… o ar engadiría eu. Sen atopar acordanzas dolorosas como pensa Caldas, teño que recoñecer que os cemiterios non me gustan demasiado. Por unha banda gústame o silencio destes lugares. Penso ademais que o silencio dos cemiterios é diferente á calma de outras paraxes. Por outra banda (e unha parvada, si) nos cemiterios malia estar so… hai alguén.

Eu nunca aturo moito rato nos cemiterios.

Villar, Domingo. Ollos de auga. Vigo: Galaxia, 2007. 240 p. 21 cm. (Literaria/ Galaxia: 233) ISBN 978-84-8288-927-6.

Villar, Domingo. A praia dos afogados. Vigo: Galaxia, 2009. 504 p. 21 cm. (Literaria/ Galaxia: 273) ISBN 978-84-9865-180-5.