Currently viewing the tag: "Domingo Villar"

O meu exemplar de "A praia dos afogados" visitara lugares que aparecen na novela (Foto: Daniel Gonzalez Martin)

A praia dos afogados é o segundo caso de Leo Caldas. No transcurso da investigación atopámonos cunha mensaxe estraña. É unha mensaxe de agradecemento a un “ser” non persoal, inanimado, inerte: o mar. “Grazas por me devolver o corpo do meu querido”. É máis que un detalle ou unha anécdota. Nin tampouco é un matiz que afecte só aos pescadores galegos, se non que é un aspecto moi humano. Quen non preferiría ter onde poder velar aos seus mortos? Nesta historia hai alguén que non o pode facer, non pode velar a morte da súa nai desaparecida. E está convencido que os mariñeiros do Xurelo teñen algo que ver. Vai probar chegar ata eles? Está tramando esta persoa a súa vinganza?

Leo Caldas esta investigando a aparición do cadáver de Xusto Castelo ligado cunhas bridas na praia da madorra. Castelo foi tripulando don Xurelo,. Acompáñao, non podía ser doutro xeito (nin queremos) o seu axudante Rafael Estévez. Pero este Estévez non é o mesmo que en Ollos de auga. Algo máis tranquilo e mesurado, un chisco máis ao longo do desenvolvemento da historia, dálle a Caldas algún consello moi acertado sobre a súa actitude e sobre como se deixa absorber, se cadra con exceso, polo traballo. Que sucedeu durante o naufraxio do Xurelo? Os sobreviventes dun naufraxio acontecen “irmáns” logo de tal experiencia…..Pero a tripulación do Xurelo non se fala, non ten unha relación para nada fraternal.

A investigación dará voltas ata atopar o bo camiño cara á súa resolución. Neste camiño reencontraremos personaxes que aparecían ao primeiro caso do inspector Caldas, e coñeceremos de novos. Xente da Galicia costeira e arredores de Vigo, e descubriremos que cousas os angustian. Uns esconden cousas do seu pasado. Outros non queren saber do pasado outros. Pero Leo Caldas está aquí para resolve-lo caso.

Unha vez dixen que esperaba con impaciencia o terceiro caso de Leo Caldas. A primeira novela de Villar gustoume moito e permitiume unha mirada diferente nunha cidade que visito de cando en vez (Vigo). A praia dos afogados, máis extensa e máis discursiva, é unha excelente continuación á divertida e entretida presentación que foi Ollos de auga. Dicía Domingo Villar que a seguinte tamén sería máis parecendo á segunda que non á primeira. Agora que se ha pasoume o mono, podo esperar con paciencia (pero con moita expectación) o terceiro caso de Leo Caldas.

Villar, Domingo. A praia dos afogados. Vigo: Galaxia, 2009. 504 p. 21 cm. (Literaria/ Galaxia: 273) ISBN 978-84-9865-180-5.

Fotografía 42: Nasas no porta de Panxón. 10 de agosto de 2010. Fotografía de Daniel Gonzalez Martin

As nasas de Xusto Castelo seguían amoradas contra o muro branco do espigón. (p. 389)

Sen dúbida, estas son as nasas de Xusto Castelo. É o que me dixen cando paseaba até o espigón do porto de Panxón. E tamén estaban os pescadores de sempre, como descubrira en seguintes visitas. Panxón foi un dos primeiros lugares que estivera fora de Vigo que visitei a partir das novelas de Domingo Villar, Hai tempo que fixen isto, e pendurar e mirar de novo estas fotografías tráenme á lembranza dese intre.

Villar, Domingo. A praia dos afogados. Vigo: Galaxia, 2009. 504 p. 21 cm. (Literaria/ Galaxia: 273) ISBN 978-84-9865-180-5.

Fotografía 41: Praia xunto ao porto de Aguiño. 13 de agosto de 2010. Fotografía de Daniel Gonzalez Martin

Quizais non gardase relación co afundimento do Xurelo, mais as datas de ambos os sucesos coincidian e o porto de Aguiño era o máis próximo ao lugar onde pescaba o barco cando se levantou o temporal (páx. 308)

Unha vila pequena, pesqueira, e gardada do mar por un espigón que non semellaba ofrecer moita protección. Eu estiven no verán e quedei un chisco espantado do vento e da exposición aos temporais que eu imaxinaba naquela costa. Sen dúbida, un lugar “perfecto” para un afundimento. Na vila busquei o bar Aduana. Tiña tres candidatos, mais ningún levaba ese nome, que non era coñecido. Leo Caldas volve a Aguiño nas páxinas 363 e 378.

Villar, Domingo. A praia dos afogados. Vigo: Galaxia, 2009. 504 p. 21 cm. (Literaria/ Galaxia: 273) ISBN 978-84-9865-180-5.

Fotografía 38: Catoira. Torres do Oeste. Igrexa xunto á torre. 13 de agosto de 2010. Fotografía de Daniel Gonzalez Martin

Fotografía 37: Catoira. Torres do Oeste. Torre con turista. 13 de agosto de 2010. Fotografía de Marta Rial Pan

“Cincuenta quilómetros despois abandonaron a autoestrada e cruzaron o río Ulla xunto as Torres do Oeste, os restos da fortaleza que durante séculos defendera Santiago de Compostela dos ataques de viquingos e sarracenos.“ (pàx. 354)

Grazas ao préstamo dun coche pequeno e vello que aínda pasa ITVs coma un touro puidenme achegar até Catoira e as súa torres. Xa vira antes estas ruínas de lonxe, dende a estrada, e teño que dicir que paga moito a pena baixar e pasear ao seu redor, pola beira do río e mirar cara ao atlántico e imaxinar aos viquingos no horizonte. A viaxe dese día non remata aquí, pois vou camiño doutro lugar que coñecín graciñas a Leo Caldas. A vindeira parada, Aguiño.

Villar, Domingo. A praia dos afogados. Vigo: Galaxia, 2009. 504 p. 21 cm. (Literaria/ Galaxia: 273) ISBN 978-84-9865-180-5.

Fotografía 37: Rúa de Urzaiz. 7 de agosto de 2007. Fotografía de Daniel Gonzalez Martin

Fotografía 38: Farol de Jenaro de la Fuente. 3 de agosto de 2010. Fotografía de Daniel Gonzalez Martin

“Fronte á estación de ferrocarril colleu a rúa de Urzaiz, cruzou a Gran Vía, e continuou descendendo pola beirarrúa abarrotada ata o farol de forxa de Jenaro de la Fuente.” (p. 303)

Retorno hoxe ao paseo fotográfico pola praia dos afogados coa ledicia dunha recente visita, as pasadas vacacións de semana santa, a Vigo. Unha visita marcada afortunadamente pola choiva. E digo afortunadamente, porque a choiva dálle un ar de autenticidade que non sempre podo atopar no verán. E por certo, xa estiven no Elixio! Non pedín empanada, na carta vin un prato que me chamou a atención: os Chipiróns Leo Caldas.

Villar, Domingo. A praia dos afogados. Vigo: Galaxia, 2009. 504 p. 21 cm. (Literaria/ Galaxia: 273) ISBN 978-84-9865-180-5.

Punta Lameda. O camiño que chega até o faro. 20 de agosto de 2010. Fotografía de Daniel Gonzalez Martin

– Onde estaba?
– Afundido xunto ao faro de Punta Lameda, en Monteferro. Sabe onde é?
– Está preto da praia onde apareceu o corpo? (p. 260)

Punta Lameda. 20 de agosto de 2010. Fotografía de Daniel Gonzalez Martin

“Non che dixen que queda a auga tan calma coma unha piscina? Pódese subir e baixar sen problema sempre que a marea non cubra a barreira. Algúns mariñeiros da vila viñan aquí hai anos colocar as nasas.” (p. 279)

Atopar Punta Lameda foi unha ledicia. Estaba na praia de Patos e fixen un paseo seguindo o percorrido que lembraba da novela. Foi doado chegar e identificar o lugar correctamente (grazas a indicación co nome e a petición de respeto polo sinal para os mariñeiros). Creo lembrar que polomenos nunha ocasión o club de lectura visitou o lugar. Que envexa, san por suposto, que unha actividade deste tipo conte con estas saídas.

Villar, Domingo. A praia dos afogados. Vigo: Galaxia, 2009. 504 p. 21 cm. (Literaria/ Galaxia: 273) ISBN 978-84-9865-180-5.

Anoitecer no casco vello. Vigo. 29 de decembro de 2009. Fotografía de Daniel Gonzalez Martin

O sol deitábase tras o edificios do casco vello tinguindo o ceo de laranxa, coma o cadro de Lodeiro pendurado na parede do Elixio. Caldas botou a andar cara á comisaría e acendeu o teléfono móbil. Iluminouse pouco despois co aviso dunha chamada perdido. (p. 255)

Anoitecer na Ría de Vigo. Vista dende a Rúa Alfonso. 8 de agosto de 2010. Fotografía de Daniel Gonzalez Martin

Hoxe este paseo amosa a cidade anoitecida. Pregúntome se o cadro ao que Caldas se refire  é semellante ou é mesmo  “Paisaxe”, o que ten unha montaña baixo ese ceo laranxa. Polo intre é algo que non podo comprobar. E teño que volver a unha das miñas frustracións: unha visita pendente ao Elixio que se está a eternizar.

Villar, Domingo. A praia dos afogados. Vigo: Galaxia, 2009. 504 p. 21 cm. (Literaria/ Galaxia: 273) ISBN 978-84-9865-180-5.

Rúa da Pedra. Vigo. 6 de agosto de 2010. Fotografía de Daniel Gonzalez Martin

O inspector seguía facendo conxeturas cando na rúa Cánovas del Castillo se cruzou con ducias de turistas acabados de desembarcar no peirao de transatláticos. Uns acudían aos postos das ostreiras no mercado da Pedra […] (p. 249)

A Rúa da Pedra é dende hai pouco tempo unha rúa aínda máis agochada, despois da cuberta que fai que os turistas poidan gozar das otras resgardados da choiva. Isto se chove, porque no verán, cando chegan os cruceiros non sempre chove.

Praza da Alameda. Vigo. 21 de agosto de 2010. Fotografía de Daniel Gonzalez Martin

Os xardineiros aproveitaban a tregua concedida pola choiva para varrer as follas caídas na Alameda e os nenos volvían correr destrás das pombas. (p. 251)

Na Alameda, se chove, móllaste. Máis neste parque eu teño a oportunidade de ver un dos espectáculos que máis me gustan. Trátase dos bailes tradicionais que se fan, que teñen a particularidade de combinar bailes galegos e bailes de países de lonxe. Visitar Vigo no verán ten a desvantaxe de non atopar “O Elixio” aberto, mais a vantaxe de si atopar estes bailes.

Villar, Domingo. A praia dos afogados. Vigo: Galaxia, 2009. 504 p. 21 cm. (Literaria/ Galaxia: 273) ISBN 978-84-9865-180-5.