Currently viewing the tag: "Concursos de relatos"

 

Adreçat a aquelles persones que van estudiar o estan estudiant gallec o portuguès als territoris de parla catalana.

Per participar-hi cal escriure un relat en gallec o en portuguès a partir d’un tema de lliure elecció.

La data límit de presentació dels originals és el 5 de maig de 2014.

bases|documents|contacte|col·laboradors

Imaxe de http://www.edu.xunta.es/web/node/8461

Imaxe de http://www.edu.xunta.es/web/node/8461

Qué é

Inspiraciencia é un concurso de relatos de inspiración científica. É unha iniciativa que relaciona a ciencia e a literatura dunha maneira lúdica e participativa. A ciencia e a literatura recorren á creatividade para encarar novos retos e combinalas pode xerar novas e frescas ideas en direccións imprevisibles. Inspiraciència pretende ser un espazo aberto a todo o mundo onde pensar e imaxinar a ciencia, desde a ficción

Inspiraciencia é unha invitación a todos a pensar e imaxinar a cienciaa través da escrita

Envía o teu relato

Poderá participar calquera persoa que presente un relato orixinal que estea inspirado nunha temática científica, sexa cal for o xénero literario.

Animádevos!

Máis información sobre Inspiraciencia 2013

Bases

 

INSPIRACIENCIA é un concurso de relatos de inspiración científica. A ciencia e a literatura recorren á creatividade para encarar novos retos. Este concurso é unha iniciativa participativa que combina ciencia e escritura para xerar cultura científica e unha mentalidade aberta á innovación.

1. Poderá participar calquera persoa que presente un relato orixinal ‐en calquera das dúas modalidades do concurso‐ que estea inspirado nunha temática científica cal sexa o xénero literario (narración, poesía, teatro).

2. Os orixinais estarán escritos en catalán, español ou galego!. Deberán ser inéditos e non ser premiados en ningunha outra convocatoria, certame ou premio literario, nin ser publicados en ningún outro medio.  [Segue a ler as bases do concurso]

Que ledicia! A lei de Lem xa anunciou a primeira edición deste particular concurso. Hoxe non só ten a oportunidade de difundir a nova sobre a súa segunda edición. Un detalle fai esta nova edición especial: pódense presentar tamén escritos en galego. Toma nota Google!
🙂

Creatividade para encarar novos retos

http://www.icmab.es/inspiraciencia/ca/registrat

Inspiraciencia é un concurso de relatos de inspiración científica que pretende combinar ciencia e escritura dun modo participativo e ser un estímulo para a innovación. Poderanse publicar relatos desde o 22 de Outubro ata o 10 de Xaneiro de 2011.

O concurso presenta as modalidades de relatos curtos (entre 800 e 1.500 palabras) e microrrelatos (ata 500 palabras). Tamén, hai unha sección non competitiva de creación de textos colectivos na que se encadearán nanorelatos (de 200 carácteres) a partir dunha idea inicial ata xerar relatos de ata 500 palabras.

O concurso ten dúas categorías: público adulto (a partir de 18 anos) e público xuvenil (entre 12 e 17 anos). Para participar hai que rexistrarse, nunha das dúas categorías, e enviar como máximo un relato en cada modalidade competitiva. É dicir, cada participante pode enviar un relato curto e un microrrelato. En canto á modalidade de nanorrelatos encadeados, pódense escribir sen limitación de número e soamente fai falta estar rexistrado no concurso.

Os relatos poden estar escritos en catalán ou en castelán.

Consulta as bases do concurso e ¡inspírache!