Currently viewing the tag: "Carme Font"

O pasado curso escolar empezou coa novidade da introdución do ordenador persoal nas aulas. A día de hoxe esta iniciativa non chegou a quedar debido á carencia de contidos pedagóxicos adecuados para a actividade docente. En todo caso, a noticia comezou un debate sobre a necesidade da lectura como tal e si a substitución do libro de texto en papel por recursos dixitais sería unha opción acertada. Desde o mundo editorial, pero tamén desde outros sectores, deuse unha certa voz de alarma. Un argumento destes: o informe do Programa para a Avaliación Internacional do Alumnado (PISA) que daba índices de comprensión lectora inferiores a outros países coma por exemplo Bulgaria. Este temor cara ao acantoamento da lectura é compartido por moitos autores. Un deles é Stanislaw Lem, que nunha das súas obras define, con non pouca ironía, a Lei de Lem:

“Como é sabido, non hai nada que os editores teman tanto como editar libros, porque xa está en plena vixencia a chamada Lei de Lem (“Ninguén le nada; se le, non comprende nada; se o comprende, esquéceo axiña”), debido á habitual falta de tempo, a oferta excesiva de libros e a publicidade demasiado perfecta”.

Somos animais visuais e gran parte do noso recordo fundaméntase neste sentido. Os medios audiovisuais condicionan dalgún xeito o acceso á lectura, polo menos nun sentido máis clásico (ou antigo, se queredes) do concepto. Outros autores e autoras tamén “falan” da Lei de Lem. Carme Font di que:

“Se moitas persoas non falan de libros como antes, se non de por  exemplo películas, folletóns ou videoxogos, é porque nos afixemos a adoptar unha actitude pasiva diante do obxecto transmisor de cultura e coñecemento”.

Outro sector onde atoparemos referencias nesta tendencia non comprobada é o noso: as bibliotecas. Nunha conferencia pronunciada no aula Rubió i Balaguer da Facultade de Biblioteconomía e Documentación o 22 de setembro de 2008 Anthony Calnek, da Biblioteca Pública de Nova York explicaba en que mesura as bibliotecas daquela cidade enfócanse cara o apoio audiovisual por medio da Rede:

“Dous de cada tres usuarios de Internet miran vídeos”.

Podemos deducir entón que quizais a lectura non é o que prefiren a maioría de usuarios? A través dunha lista de distribución chegoume unha mensaxe que fala de 30 vantaxes do libro electrónico. Unha delas era que os libros electrónicos promocionaban a lectura a maior parte da xente pasaba moito tempo diante do ordenador que diante dun libro impreso. Se cadra Lem pensaba máis no mundo editorial que nos medios audiovisuais. Máis penso inevitábel que ler un libro ofrécelle poucas cousas a aqueles habituados á interacción, adictiva as veces, das pantallas.

Referencias

Font, Carme. Cómo escribir sobre una lectura: guía práctica para redactar informes editoriales y reseñas literias. Barcelona: Alba, 2007. 94 p. 22 cm. (Guías del escritor: 18). ISBN: 978-84-8428-342-3.

Lem, Stanislaw. Provocación (Prowokacja. 1984) Trad. Joanna Bardzinska, Kasia Dubla. Madrid: Funambulista, 2005. 14 x 18 cm, 155 p. (Literadura) ISBN-10: 84-934079-6-8.

Imaxe: Mr Solaris, by dennissimo.

Lin este libro pensando nel como unha ferramenta e coa intención de atopar algún consello que poida mellorar os “posts” que vou poñer neste blog. Como escribir sobre unha lectura é un pequeno manual de só 92 páxinas cun seguido d’indicacións para estructurar as análises e o comentario d’unha lectura feita. Pero si decidín comentalo do mesmo xeito que poida comentar calquera outro título non é só pola súa utilidade práctica, se non porque os comentarios sobre a lectura (en tanto que actividade) que atopei neste encheronme moito. Neste sentido, a autora non nos ofrece únicamente unhas poucas “receitas” dos elementos a ter presentes para facer unha apunta. A autora tamén toca unha serie de temas como a teoría literaria, os estilos, como facer xuízos de valor, como argumentar estes, en que consiste unha apunta e como facela ben, entre outros. Como escribir sobre unha lectura consegue efectivamente mellorar o hábito lector e é un texto con reflexións sobre esta actividade que gustará a todo lector, teña ou non a desazón de apuntar ou non as súas lecturas.

Unha vez lido, as indicacións para escribir sobre unha lectura xa as teño, pero recoñezo que non as estou aplicando neste escrito. “Moitos autores consideran que a auténtica apunta literaria é un xénero en si mesmo” e que “un crítico literario é un escritor literario”. Estas afirmacións e aquilo que explica o manual provócanme admiración polo “reseñista”, pero tamén respecto. E despois desta reflexión (non resolta aínda) dígome a min mesmo que quizais a cousa máis honesta e congruente é deixar o rollo tal como vai, tal como sae, e deixar a arte da reseña para aqueles e aquelas que saben de verdade… Aínda que a desazón para facelo un pouco ben sempre estea.

A lei de Lem - Daniel Gonzalez Martin

Detalles do exemplar lido

Font, Carme. Cómo escribir sobre una lectura: guía práctica para redactar informes editoriales y reseñas literias. Barcelona: Alba, 2007. 94 p. 22 cm. (Guías del escritor; 18). ISBN 978-84-8428-342-3.