- Un lector convidado: Lluís Salvador -
A novela negra creou os seus propios modelos, e un dos perpetuados, ao meu xuízo erroneamente, é que era urbana. Tan urbana que só as grandes cidades podían ser escenario dunha boa novela negra, ao parecer sendo a teórica que só as grandes urbes (Nova York, [...]
Esta é a terceira (1) e última parte da novela, que transcorre xa no futuro. Deixa así de ser unha ficción da historia da vida que coñecemos para pasar a ser un relato de ciencia ficción máis “típico”. A partir de aquí tódolos elementos son froito da imaxinación do autor. Esta terceira parte gustoume [...]
Este libro foi o meu agasallo de San Xurxo para min mesmo. Nin da sinopse nin do que lembraba do autor intuín que o fío condutor destes relatos para ler a chopos podía ser a mesma lingua galega. Até diría que lelo con este descoñecemento axudoume a gozalo máis. E é que me gustou [...]
Sobre a lectura do título de Mercè Carrillo. “Llegim plegats: històries dels clubs de lectura”. Barcelona, Angle, 2008. 127 p. (Inspira: 7) ISBN: 978-84-96970-42-7.
Llegim plegats non é un libro que fale de nós, do noso club de lectura*. Como ben supoñeredes a pesares do título, tampouco fala de lecturas colectivas. Para min é unha [...]
Foto de victoriapeckham's photostream http://www.flickr.com/photos/victoriapeckham/ / CC BY 2.0
– “Alegoría da inmanente orfandade do individuo” Lin este título neste club de lectura de Santiago. Invítovos visitar o seu blog, onde ides atopar moitas apreciacións interesantes dos compañeiros e compañeiras de lectura. –
Non me deixes nunca é a historia da [...]
Os cualificativos e opinións sobre Madame Bovary poden estar, quizais, esgotados. Nada máis lonxe pola miña banda que presentarme aquí coa intención de engadir algo novo. Pero tiven a oportunidade de ler este título nun club de lectura e atopei detalles que me gustaron moito, tanto como para comentalo como vou facer a continuación.
Xa falei un pouco da primeira parte deste título (o 26 de xaneiro) e hoxe tócalle á segunda: o libro II: humanos. Dos Australopitecos facendo as súas primeiras paseadas pola sabana, á vez que nos explica os cambios producidos á evolución no logro do bipedismo (páx. 209), até as primeiras cidades consecuencia do sedentarismo [...]
Lafuente, Amàlia Codi genètic. Barcelona : Proa, 2009. 350 p., 23 cm. (Beta: 200). ISBN: 978-84-8437-903-4
Codi genètic, de Amàlia Lafuente, é o primeiro libro que lin este ano. Foi un agasallo destes que se fan por ningún motivo en especial ou sen ter relación con ningunha data sinalada ou celebración: [...]
Unha das cousas que me chamou a atención deste libro é o seu título, que parece á primeira ollada o título dun manual académico. Por curiosidade busquei no catálogo dunha biblioteca que temos no barrio (a biblioteca da Facultade de Bioloxía da UB) onde atopei 15 entradas, todas elas de libros de ensaio ou [...]
Boteille unha ollada ao blogue Por la boca muere el pez, que coñecín por medio da lectora corrente, e atopei varios temas interesantes. Do primeiro blogue collo a idea de “apuntes de lectura” que fago hoxe sobre o libro El médico, de Noah Gordon. A finalidade non é copiar simplemente este idea de Javier [...]
Foto de Daniel Gonzalez Martin – A lei de Lem
Fotografía 22: Bar Puerto. 3 de agosto de 2009. “No Bar Puerto comíase sobre manteis de papel, aturando un ruido excesivo e, en moitas ocasións, en mesas compartidas [...]” (p. 157) Este é outro dos lugares verídicos, xunto co “Elixio”, que aparece na novela. [...]
Foto de Daniel Gonzalez Martin – A lei de Lem
Fotografía 19: Monte do Calvario. 1 de agosto de 2009. “Deixaron a estación de ferrocarril á esquerda e continuaron ascendendo en caravana cara ao ben chamado calvario.” (p. 160). Gústame moito esta rúa desta zona de Vigo. As casas non son altas e a [...]
Non estou moi versado en temas relixiosos e comecei a lectura desta novela sen máis interese que encarar por fin a lectura do primeiro título do club de lectura, que os compañeiros e compañeiras de club xa comentaron. Conseguín o libro tarde, e tarde chego ao faladoiro.
Conexión Tubinga é a historia dun [...]
Foto de Daniel Gonzalez Martin – A lei de Lem
Fotografía 17: Feira do libro de Vigo. 20 de agosto de 2009 “Caldas viu, a través do cristal, as nais que falaban na Alameda” (p. 173). Nalgún intre desta serie de fotografías duns poucos escenarios de Ollos de auga recoñecín que visitar [...]
– Unha lectora convidada: Marta R.P. –
X
Auster, Paul. Brooklyn follies. Tradución, Eva Almazán. Vigo : Galaxia, [2006] 328 p. ; 22 cm. (Literaria: Galaxia: 227). ISBN: 84-8288-900-1.
Brooklyn Follies é unha das últimas traduccións de Galaxia que pasou polas miñas mans e estou segura que non será a derradeira. Aproveitando o “público” penso [...]
Foto de Daniel Gonzalez Martin – A lei de Lem
Fotografía 15: A Biblioteca nodal de Vigo. 11 de abril de 2009. “Descendeu polo empedrado deixando á dereita a biblioteca universitaria e a casa episcopal”. (p. 160). Esta biblioteca é outro gran lugar da cidade. Leo Caldas pasa ao seu carón esta vez, pero [...]
Foto de Daniel Gonzalez Martin – A lei de Lem
Fotografía 13: O Sereo de noite. 8 de agosto de 2009. “Cando o inspector Caldas saíu do Elixio pasaban das nove e media do serán. O sol puxérase, mais o día aínda conservaba luz (p. 103)”. A primeira vez que a vin [...]
«O que máis detestaba era ler as dedicatorias por enriba dos ombros de Norman: “Para o meu querido Peter, no noso décimo quinto aniversario de vodas” (nas Robbáiyat, d’Omar Khayyam); “Este libro foi un agasallo á miña querida Violet Swain, que en paz descanse, cando os dous tiñamos dezasete anos” (en O vixía no [...]
Foto de Daniel Gonzalez Martin – A lei de Lem
Fotografía 11: Praia de Lapamán. 18 de agosto 2009. “Malia que non volvera dende neno, Leo Caldas recordaba nitidamente as árbores plantadas na orela da praia de Lapamán.” (p. 99). Coa lectura de Ollos de auga descubrín lugares que non coñecía. Un destes é [...]
Foto de Daniel Gonzalez Martin – A lei de Lem
Fotografía 9: Antigas portas da cidade. 1 de agosto de 2009. “Leo Caldas atravesou a rúa do Príncipe, cruzou a Porta do Sol, e pasou debaixo da arcada que noutro tempo fora unha das portas da cidade vella. (p. 103). Un pouco máis [...]
Foto de Daniel Gonzalez Martin – A lei de Lem
Fotografía 7: Concello de Vigo. 7 de agosto de 2009. “O inspector regresaba da comisaría da policía municipal, no edificio do Concello, onde lle entregara ao oficial as follas coas queixas e o rosario de enderezos… [...]” (p.45). O Concello mudou hai tempo do [...]
Nun principio a lectura de El camino fíxome pensar na paraxe onde se desenvolve esta historia e en que medida é diferente á contorna metropolitana na que vivimos. Cando pechaba o libro para pospoñer a lectura, preguntábame se o relato traería unha mensaxe de morriña da vida rural. É unha hipótese previa á finalización [...]
Foto de Daniel Gonzalez Martin – A lei de Lem
Fotografía 5: Desembocadura do río Lagares. 7 de agosto de 2009. “O coche rodeou o enreixado do recinto e encarou encabuxado a curva pechada que a estrada facía sobre a desembocadura do río Lagares” (p.23). Eu xa coñecía grazas a Siniestro Total o [...]
Foto de Daniel Gonzalez Martin – A lei de Lem
Fotografía 3: Peirao pesqueiro. 3 de agosto de 2009. “Bordearon o antigo porto do Berbés, onde se iniciara a actividade mariñeira da cidade a finais do século XIX” (p.22). O perímetro do casco urbano de Vigo é un porto continuo. Isto [...]
Foto de Daniel Gonzalez Martin – A lei de Lem
Fotografía 1: Porto de Canido. 11 de agosto de 2009. “A illa que esta fronte o porto de Canido” (p.21) Esta é a referencia que lle da o inspector Leo Caldas a Rafael Estévez. Nun edificio da illa sucedeu un asasinato.
|
A lei de Lem participa no club de lectura do CGB
A lei de Lem participa no reto2010
Autores e autoras da miña biblioteca
Isto vai mellor con Firefox
|