“Prémenos o urxente e esquecemos o importante. Eu creo que o escritor ten, cando esta a escribir, a oportunidade de pensar no importante e deixar a unha banda o urxente.” Domingo Villar.
Domingo Villar nunha charla de BCNegra, o dia 6 de febreiro de 2010. Fotografía: Núria Doya
O pasado sábado 6 [...]
“Agora pertenzo a un culto máis alto de mortais, porque vin o albatros”. Robert Cushman Murphy.
Nas primeiras páxinas dunha lindísima guía de aves dun paraxe espectacular e máxico (Patagonia) atoparémonos coa imaxe da ave de maior envergadura: un albatros errante (Wandering Albatross, Diomedea exulans). E dúas páxinas máis adiante esta cita de Robert [...]
“Quen vive de xeito case neurótico a actividade de ler, tanto como outros o alcohol ou o fútbol, desexamos que quen nos arrodea sexa coma nós, lector”. Víctor Moreno.
Esta é unha desas primeiras liñas que fan de garfo. A min pasoume no intre de ler as primeiras palabras do ensaio sobre a lectura [...]
Uns amallós con mesaxe
Atopei esta cita de Joseph Conrad nunha caixa de zapatos dunha marca con nome de país sudamericano. A cita estaba escrita na cinta que envolvía o agasallo. A mesma cita e a súa versión orixinal atópanse tamén nunha bolsa desta marca de zapatos. “I thought it was an adventure, but [...]
“A literatura [...] ten como misión facer soportable o cumprimento dos nosos deberes vitais. Para un ser que, como o humano, labra o seu destino a forza de reflexión e reflexividade, o coñecemento así obtido ten o carácter insoportable de toda lucidez espida. Sabemos que somos animais dotados dunha arma de supervivencia e non deuses modelando [...]
“A afección pola lectura, que en ocasións roza o apelativo de adicción, provoca as veces apertóns de lectura que obrigan as súas vítimas a adquirir algo que se levar á vista mentres merendan.” Mercedes Cebrián.
Leo estas liñas desta escrito madrileña con moita simpatía porque eu son tamén un adicto á lectura que nas súas [...]
“O libro é sen dúbida verdadeiro e fantástico, se consideramos fantástico, como fago eu, todo aquilo que desborda a capacidade última do noso entendemento. Non todos estarán de acordo comigo, pero teño que ser fiel a este xuízo en ver como a causa da miseria da literatura fantástica actual (a ficción científica) o feito que é [...]
“É imprescindíbel non converter unha cousa tan imprescindíbel como a lectura nunha mera materia.” Mathew Tree.
Atopei esta cita de Mathew Tree, autor catalán de orixe inglesa, que me pareceu axeitada para estes dias de setembro. Comeza un novo curso e todos entramos, dun xeito ou outro, na dinámica académica. Ocorre ademais que o presente [...]
“De verdade creo que lemos de xeito distinto un libro cando sabemos até os detalles máis banais da vida do seu autor”. Anne Michaels
Pásame a miúdo coa xente coa que vou ao cine. Moitos prefiren non ter información sobre o que imos ver, e rexeitan ler a sinopse do filme. Coñezo algúns moi fieis [...]
“Vai ler todo o mundo. Quítalle ao lector o sacrosanto respecto que inspiran as bibliotecas e até as librerías…”. Carme Balcells.
Respecto sacrosanto (?!) A señora Balcells non debe visitar as bibliotecas (de BCN) que visito eu. Nestas, con demasiada facilidade, se atopan sedatofóbicos inclusive entre o persoal que traballa. Moitos espazos non están insonorizados [...]
“Un libreiro pode ter as súas fobias e simpatías, e ten o seu dereito a expresar filiacións. Máis non as súas fobias. (Salvo que lle pidan a súa opinión expresa sobre un autor ou libro”. Lluís Salvador*
Creo que esta cita di máis do que parece, pois penso que é unha cousa aplicábel tamén aos [...]
“Caldas lembraba as palabras do seu pai cando insistía en que podía coñecer aos homes simplemente atendendo ao que beben ou ao que len”
Esta sentencia aparece na páxina 37 dunha novela que rematei onte e que me abraiou moi gratamente. Leo Caldas é o inspector protagonista da historia (Ollos de auga) é Domingo Villar [...]
“Escríbese en soidade, lese en soidade e aínda así a lectura permite unha comunicación profunda entre os seres humanos.” Paul Auster
Hoxe escollo esta cita de Paul Auster non só porque fala da lectura, se non porque fala tamén dun club de lectura. Non fala dun en concreto, pero para min o “meu” club de [...]
Debo ter algunha disfunción cerebral porque leo a miúdo calquera cousa e non podo evitar dispersarme cara a outros pensamentos. Ás veces, nin sequera acabo de ler un fragmento, por pequeno que sexa, que xa me pasa. (Prometo non volver facer esta aclaración continxente nunca máis).
Recordo agora a lectura da columna de [...]
“A idea de Darwin da selección natural é, probablemente, a idea máis brillante de toda a historia da civilización.” Jorge Wagensberg.
Chámame a atención a fascinación, ou ó menos interese, dos físicos pola teoría da evolución e pola figura de Charles Darwin. Creo que non vai ser a única cita que atope sobre o tema [...]
En tempos de maior humanismo “os escritores sentíanse obrigados a ter en conta a dimensión política e moral da escritura. Hoxe só se senten obrigados a distraer ao persoal”
Aparecía onte no xornal “La Vanguardia”, na columna de opinión de Oriol Pi i Cabanyes. A cita é de Jordi Llovet e aparece no libro de [...]
Lin este libro pensando nel como unha ferramenta e coa intención de atopar algún consello que poida mellorar os “posts” que vou poñer neste blog. Como escribir sobre unha lectura é un pequeno manual de só 92 páxinas cun seguido d’indicacións para estructurar as análises e o comentario d’unha lectura feita. Pero si decidín [...]
“Ninguén le nada; se le, non comprende; se comprende, esquéceno axiña”. Stanislaw Lem
Hoxe mércores estreo esta sección, que vai ser a recopilación dalgunha cita sobre a lectura e de calquera aspecto relacionado con esta que me pareza de interese.
A primeira, como non, vai ser a lei de Lem, que aparece na páxina [...]
|
A lei de Lem participa no club de lectura do CGB
A lei de Lem participa no reto2010
Autores e autoras da miña biblioteca
Isto vai mellor con Firefox
|