Darwin-Charles


28
oct. 09

Unha cita coa lectura (15): Darwin lector

“Doutra banda, as novelas, que son obras de imaxinación pero non dunha orde moi elevada, durante anos fóronme consolo e un pracer marabillosos, e a miúdo bendigo aos novelistas” (p. 135). Charles Darwin

Esta cita ten unha opinión moi clara sobre o valor da narrativa mais ociosa, que moitos (moitas) atoparán desacertada ou con prexuízo. En calquera caso, para min é un pracer descubrir a unha persoa tan especialista no seu tema como Charles Darwin descobre os beneficios desta actividade insubstituíbel que é a lectura.

Darwin, Charles (2009) Autobiografia (The autobiography of Charles Darwin: 1809-1882. 1958) Trad. Jaume Terrades. Introducció de Martí Domínguez. València: Universitat de València. 16 x 21 cm, 150 p. ISBN-10: 84-370-7328-6.


7
oct. 09

Unha cita coa lectura (13): o moneco “Darwin”

A lei de Lem - Daniel Gonzalez Martin

“Darwin escribiu unha vez que el nunca foi un ateo… e que agnóstico sería o xeito máis correcto de describir a súa forma de pensar”.

Este pequeno xoguete foi un agasallo simpático que me fixeron hai tempo. É máis famoso do que poida parecer nun principio, pois aparece tamén no programa de Eduard Punset (Redes), a carón do voante do taxista. A caixa ten detrás esta cita sobre o pensamento de Darwin no referente á relixión. Gustoume atopar que o meniño levaba unha referencia a súa persoa, pero témome moito que na súa autobiografía, editada sen censura este Ano Darwin por primeira vez, deixa claro que a súa verdadeira actitude é máis próxima ao ateísmo que ao agnosticismo.


7
jul. 09

Unha cita coa lectura (2): Os físicos e a evolución

“A idea de Darwin da selección natural é, probablemente, a idea máis brillante de toda a historia da civilización.” Jorge Wagensberg.

Chámame a atención a fascinación, ou ó menos interese, dos físicos pola teoría da evolución e pola figura de Charles Darwin. Creo que non vai ser a única cita que atope sobre o tema desde esta disciplina da ciencia. Xa o veremos…

Wagensberg, Jorge. Si la natura és la resposta, quina era la pregunta? i uns altres cinc-cents pensaments sobre la incertesa. trad. Màrius Serra. Barcelona; Tusquets, 2002.