Evolución, de Stephen Baxter. Libro III: descendientes

Esta é a terceira (1) e última parte da novela, que transcorre xa no futuro. Deixa así de ser unha ficción da historia da vida que coñecemos para pasar a ser un relato de ciencia ficción máis “típico”. A partir de aquí tódolos elementos son froito da imaxinación do autor. Esta terceira parte gustoume [...]

Ler xuntos

Sobre a lectura do título de Mercè Carrillo. “Llegim plegats: històries dels clubs de lectura”. Barcelona, Angle, 2008. 127 p. (Inspira: 7) ISBN: 978-84-96970-42-7.

Llegim plegats non é un libro que fale de nós, do noso club de lectura*. Como ben supoñeredes a pesares do título, tampouco fala de lecturas colectivas. Para min é unha [...]

“Non me deixes nunca”, de Kazuo Ishiguro

Foto de victoriapeckham's photostream http://www.flickr.com/photos/victoriapeckham/ / CC BY 2.0

– “Alegoría da inmanente orfandade do individuo” Lin este título neste club de lectura de Santiago. Invítovos visitar o seu blog, onde ides atopar moitas apreciacións interesantes dos compañeiros e compañeiras de lectura.  –

Non me deixes nunca é a historia da [...]

A ciencia en Madame Bovary

Os cualificativos e opinións sobre Madame Bovary poden estar, quizais, esgotados. Nada máis lonxe pola miña banda que presentarme aquí coa intención de engadir algo novo. Pero tiven a oportunidade de ler este título nun club de lectura e atopei detalles que me gustaron moito, tanto como para comentalo como vou facer a continuación.

Evolución, de Stephen Baxter. Libro II: humanos

Xa falei un pouco da primeira parte deste título (o 26 de xaneiro) e hoxe tócalle á segunda: o libro II: humanos.  Dos Australopitecos facendo as súas primeiras paseadas pola sabana, á vez que nos explica os cambios producidos á evolución no logro do bipedismo (páx. 209), até as primeiras cidades consecuencia do sedentarismo [...]

Codi genètic, de Amàlia Lafuente

Lafuente, Amàlia Codi genètic. Barcelona : Proa, 2009. 350 p., 23 cm. (Beta: 200). ISBN: 978-84-8437-903-4

Codi genètic, de Amàlia Lafuente, é o primeiro libro que lin este ano. Foi un agasallo destes que se fan por ningún motivo en especial ou sen ter relación con ningunha data sinalada ou celebración: [...]

Evolución, de Stephen Baxter. Libro I: Ancestros

Unha das cousas que me chamou a atención deste libro é o seu título, que parece á primeira ollada o título dun manual académico. Por curiosidade busquei no catálogo dunha biblioteca que temos no barrio (a biblioteca da Facultade de Bioloxía da UB) onde atopei 15 entradas, todas elas de libros de ensaio ou [...]

Unha cita coa lectura (17): Conrad e zapatos

Uns amallós con mesaxe

Atopei esta cita de Joseph Conrad nunha caixa de zapatos dunha marca con nome de país sudamericano. A cita estaba escrita na cinta que envolvía o agasallo. A mesma cita e a súa versión orixinal atópanse tamén nunha bolsa desta marca de zapatos. “I thought it was an adventure, but [...]

Apuntamentos de lectura sobre “El médico”, de Noah Gordon

Boteille unha ollada ao blogue Por la boca muere el pez, que coñecín por medio da lectora corrente, e atopei varios temas interesantes. Do primeiro blogue collo a idea de “apuntes de lectura” que fago hoxe sobre o libro El médico, de Noah Gordon. A finalidade non é copiar simplemente este idea de Javier [...]

O paso do noroeste, de Xavier Queipo

Xavier Queipo disimula moi mal que é biólogo. Nótase en moitas das súas Cartas marcadas e   noutros dos seus títulos. Quede claro que non comento esta particularidade como cousa negativa.  Pola contra, penso que isto é unha das cousas que fan interesantes o que escribe. Tamén se nota nesta novela de aventuras ambientada no [...]

Broklyn Follies, de Paul Auster

– Unha lectora convidada: Marta R.P. –
X

Auster, Paul. Brooklyn follies. Tradución, Eva Almazán. Vigo : Galaxia, [2006] 328 p. ; 22 cm. (Literaria: Galaxia: 227). ISBN: 84-8288-900-1.

Brooklyn Follies é unha das últimas traduccións de Galaxia que pasou polas miñas mans e estou segura que non será a derradeira. Aproveitando o “público” penso [...]

Unha cita coa lectura (15): Darwin lector

“Doutra banda, as novelas, que son obras de imaxinación pero non dunha orde moi elevada, durante anos fóronme consolo e un pracer marabillosos, e a miúdo bendigo aos novelistas” (p. 135). Charles Darwin

Esta cita ten unha opinión moi clara sobre o valor da narrativa mais ociosa, que moitos (moitas) atoparán desacertada ou con prexuízo. [...]

Os biólogos do mundo sumerxido

Punto de libro da exposición

“O único planeta verdadeiramente estraño é a Terra”. Oxalá a todo escritor se lle puidera facer unha exposición tan boa como foi esta que se fixo no CCCB. Para rememorala podemos atopar o catálogo nas bibliotecas e quizais estamos a tempo de consultar o seu blogue.

Hai días [...]

Unha cita coa lectura (13): o moneco “Darwin”

“Darwin escribiu unha vez que el nunca foi un ateo… e que agnóstico sería o xeito máis correcto de describir a súa forma de pensar”.

Este pequeno xoguete foi un agasallo simpático que me fixeron hai tempo. É máis famoso do que poida parecer nun principio, pois aparece tamén no programa de Eduard Punset [...]

Unha cita coa lectura (12): turistas lectores

“A afección pola lectura, que en ocasións roza o apelativo de adicción, provoca as veces apertóns de lectura que obrigan as súas vítimas a adquirir algo que se levar á vista mentres merendan.” Mercedes Cebrián.

Leo estas liñas desta escrito madrileña con moita simpatía porque eu son tamén un adicto á lectura que nas súas [...]

El camino, de Miguel Delibes

Nun principio a lectura de El camino fíxome pensar na paraxe onde se desenvolve esta historia e en que medida é diferente á contorna metropolitana na que vivimos. Cando pechaba o libro para pospoñer a lectura, preguntábame se o relato traería unha mensaxe de morriña da vida rural. É unha hipótese previa á finalización [...]

Unha cita coa lectura (11): vai sobre ciencia ficción

“O libro é sen dúbida verdadeiro e fantástico, se consideramos fantástico, como fago eu, todo aquilo que desborda a capacidade última do noso entendemento. Non todos estarán de acordo comigo, pero teño que ser fiel a este xuízo en ver como a causa da miseria da literatura fantástica actual (a ficción científica) o feito que é [...]

Unha cita coa lectura (9): coñecer ou non a un/unha autor/a

“De verdade creo que lemos de xeito distinto un libro cando sabemos até os detalles máis banais da vida do seu autor”. Anne Michaels

Pásame a miúdo coa xente coa que vou ao cine. Moitos prefiren non ter información sobre o que imos ver, e rexeitan ler a sinopse do filme. Coñezo algúns moi fieis [...]

O libro amarelo de Darwin

O Ano Darwin é unha efeméride da que estou gozando moito, aínda que xa se arrefriou un pouco. Cando atopei este título na librería díxenme que lería todo aquilo que se publicase ao redor a figura de Darwin. A medida que se publicaban máis e máis títulos, deime conta que facelo seria un esforzo [...]

Camareiros e mariñeiros

O “Eppelton Hal“, un remolcador de hai 100 anos, con dobre roda de palas. Se estivera nun porto asiático e pintado de branco, podería ser o remolcador de Falk. Steam Tug by Cassoulet Sf (http://www.flickr.com/photos/bertrandman/370851141/)

Cantos camareiros “ficticios” coñecedes? Eu non lembro, agora mesmo, mais que a Sigfrido e a Rafael, sen [...]

Unha cita coa lectura (6): a riqueza dos clásicos

“Un texto literario pode admitir moitas interpretacións, e a riqueza dos clásicos é esta capacidade de estimular visións novas dos temas de sempre”. Jesús Purroy

Jesús Purroy danos esta definición de clásico literario no seu libro. Pero este non é un libro sobre teoría literaria. Trátase dun libro de divulgación científica que fala de maneira [...]

Entre dinosauros

Un libro pequeno máis totalmente equipado: unha introdución de Arthur C. Clarke, un epílogo de Stephen Jay Gould e unha nota da filla do autor responsable esta da publicación do libro anos despois da morte do seu autor George Gaylord Simpson. Iso sen contar cunhas poucas ilustracións moi chulas de até cinco especies [...]

Unha cita coa lectura (5): escoitade o que dí Russell

“Oxalá puidese facer que a luz de Conrad brillase para outros como brillou para min” Bertrand Russell

Convencido estou que unha opinión procedente de alguén que é “importante”, coñecido, ou ten un criterio que paga a pena au menos escoitar, pode a veces chamar a atención moito máis que a doutras persoas. A min me [...]

El legado de Humboldt, de Saul Bellow

¿Tería que dicir que este libro non me gustou? Pensando nas recomendacións de Carme Font, que di que non valen medias tintas, que un lector ou lectora quere ler un comentario claramente positivo ou negativo e non unha escala de grises….

Saul Bellow dinos nas primeiras páxinas que a personaxe (Charles Citrine) herdou [...]

El Duelo, de Joseph Conrad

A relectura do relato sérveme para reafirmarme na miña interpretación. Non estou totalmente de acordo con aquilo que di a sinopse sobre “a evanescente natureza da ofensa”. Non quero ser contestatario nin corrector, e por encima de todo, desexo que a miña opinión non pareza estrafalaria. Probarei de explicarme, pero non de convencer.