Mirade, é tan só un intre. Contemplade
como entra a primavera de sangue verde.
Preparo o meu caderno para escribir un chisco
sobre este fenómeno que chega en silencio.
Se cadra un vento leve, se cadra un mistral
moverá as follas das lilas,
das moreiras e das abeleiras,
levará o perfume dos xacintos ás prazas,
sobre tumbas recentes, sobre as esquecidas,
e lembrará a vivos e mortos que neste mes de marzo
hai un día que chaman dos poetas. Da poesía.
Tolstoi escribiu Resurrección, a contundente entrada
á forza do vivir e á ambición dos homes,
todo nunha soa páxina, a primeira.
Oh, si, lédea. Porque se algo cómpre que diga o poeta
é que a vida volve e se fai sitio, e que os homes
loitan contra toda natureza. Contemplade, tamén,
A primavera, de Odilon Redon no Museo Pushkin:
a muller rosa e espida baixo a árbore inmensa,
e non cómpre dicir máis nada neste día vinte e un de marzo.
Escribina xa hai ben anos, esta primavera,
mentres os loureiros medraban e ofrecían
coroas vitoriosas. Collede as rosas
antes de que esfollen. Follas e follas de libro
abandónanse á fráxil esperanza do poeta.

Olga Xirinacs
Tradución ao galego: Pilar Vilaboi Freire

#poesia, #BCNPoesia

Deixa un comentari

L'adreça electrònica no es publicarà Els camps necessaris estan marcats amb *