Marzluff JM, Angell T (2005) In the company of crows and ravens. Yale University Press. 408 p. ISBN (hardcover) 0-300-10076-0. doi:10.1371/journal.pbio.0040014.g001

Poucos grupos de animais salvaxes inspiraron opinións tan extremas nos humanos que os observan coma os membros do xénero Corvus. No libro In the Company of Crows and Ravens [1], John Marzluff e máis Tony Angell citan as palabras cheas de admiración do reverendo Henry Ward Beecher

“Se os homes tiveran ás e aburridas plumas negras, uns poucos serian intelixentes abondo para ser corvos” (páxina 80 en [1]).

Mais recollen tamén as opinións dos seus veciños, quen ven aos corvos coma ruidosos, destrutivos, lixosos, agresivos e listos. Intelixencia, se cadra, é o único atributo dos córvidos no que a xente concorda.

A xente raramente é indiferente aos corvos e este libro explora os cambios de opinión ao longo da nosa historia de interaccións con eles. Os autores argumentan (moi persuasivamente) que ademais de afectar á bioloxía e máis a evolución cultural dos corvos, esta relación tivo unha significativa influencia na nosa propia evolución cultural. Incluso suxiren que hai exemplos de coevolución cultural entre humanos e corvos. Se cadra unha historia tan entretecida explica de algún xeito os nosos profundos sentimentos cara os corvos.

O libro cubre unha enorme cantidade de coñecementos básicos, documentando dun xeito engaiolante a investigación actual en ecoloxía, conduta social e máis as habilidades cognitivas e comunicativas dos corvos e máis as súas diversas representacións nas nosas lendas, arte, literatura e rituais espirituais. Considera as semellanzas entre humanos e corvos: ambos somos especies altamente sociais, vivindo principalmente en pequenos grupos familiares, mais achegándose en grupos maiores arredor de recursos suculentos. Ambos somos intelixentes, e adaptamos doada e rapidamente aos cambios das condicións ambientais. Ambos somos xeralistas e máis oportunistas na comida, e podemos explotar unha ampla variedade de recursos. Estas semellanzas queren dicir que nunha gran parte da historia humana os corvos foron parte extensa e prominente do noso mundo.

A nosa ceda interacción con corvos semella ser (en xeral, malia sorpresas) de respecto cara eles. Lendas Inuit describen como o corvo levou o lume ao lonxe norte para o seu pobo, e o deus nórdico Odín estaba informado sobre o mundo polos seus dous corvos, Hugin e Munin (Pensamento e Memoria). Certamente, representar o pensamento e máis a memoria dun deus debía ser unha posición bastante prestixiosa. Sen embargo, cando os humanos deviñeron bastamente agrícolas, os corvos deviñeron os nosos competidores (roubando comida e asaltando colleitas) e tiveron que ser arrepuiñados con “espanta corvos”. Aínda máis tarde, os corvos viñeron a ser asociados coa enfermidade e a morte por rebuscar no corpos das vítimas da praga o da guerra, e por isto, son un axeitado símbolo do diaño e a morte na literatura e cine de terror até os nosos días. Nos tempos modernos, algunhas especies de corvos seguíronnos até as cidades, e a súas poboacións prosperaron porque exploraron recursos fartos de comida, así coma refuxio. Una vez máis, a súa adaptabilidade leváronos despois ao conflito cos humanos, que tiveron que enxeñar métodos para manter os corvos lonxe do seu lixo.

Un fenómeno raro que asoma repetidamente é que os corvos son vistos comunmente a través das culturas coma ladróns, mentireiros e daniños. A reputación de ladrón pódese trazar polos seus hábitos de roubar e coller pequenos obxectos, mais como pode ser un animal non lingüístico un mentireiro? Semella axudar, sen embargo, ter sido un ladrón para atrapar a un ladrón. Investigacións de Emery e máis Clayton [2] amosaron que as pegas marzas da barda de California (Aphelocoma coerulescens) con experiencia no roubo de comida a outras pegas marzas moveron as súas capturas a unha nova localización, mais só cando foron observados gardando por as súas reservas por outras pegas marzas. Se cadra os humanos recoñecen de algún xeito a intelixencia, cooperación, tortuosidade e sociabilidade dos corvos, e ven un xeito de reflexión deles mesmos. Se cadra isto podería tamén axudar a explicar

Marluff e máis Angell propoñen a intrigante aínda que controvertida hipótese que as antigas interaccións con corvos coma cazadores-recolledores tiveron que moldear a nosa propia historia evolutiva. Argumentan que a necesidade de defender as nosas presas de corvos que andan a fochicar tivo que promover a cooperación entre humanos e máis a vida en xuntanza, que á vez pre equiparíanos para nos enfrontar con mamíferos predadores. Mencionan tamén un estudio de Vicetich e colaboradores [3], que suxire que os lobos deviron formar tamén grandes grupos sociais para defender as súas presas dos corvos. Sofren menor éxito na busca de alimento pola interferencia dentro do grupo, pero gañan máis gardando as súas presas a salvo do pico do corvo. Nun pequeno e intelixente xiro, Marzluff e Angell suxiren que a asociación humanos/lobos empezara co noso interés compartido en oposición ao corvo.

Este libro ten moito que ofrecer. As ilustracións de Angell son lindas e danlle ao libro un toque especial. Esta escrito de xeito cativador para un público non científico, mais as notas finais e as referencias están alí para aqueles que estean interesado e queiran ler máis sobre o tema. Os lectores están tamén animados a observar corvos por eles mesmos e comunicar os seus achegamentos. Unha pequena crítica é que uns poucos tópicos son tratados con moi pequeno detalle para os entusiastas, e que tamén hai moita materia concentrada no corvo (Corvus corax) e corvos americanos (Corvus brachyrhynchos) en detrimento de outras especies. É, se cadra, unha consecuencia inevitábel de intentar achegar un tema tan xigantesco nun libro axeitado para lectores non científicos. En xeral, In the company of crows and ravens é altamente recomendado tanto para fans dos corvos e para aqueles que os odian por igual.

Atopo interesante que á vez que os investigadores comezan a probar as destrezas cognitivas dos corvos e atopan que son moito máis abraioantes do sospeitado, lémbrasenos que a xente semella ter coñecido, aínda que tamén esquecido, canto listos son os corvos.

Referencias

1. Marzluff JM, Angell T (2005) In the company of crows and ravens. Yale University Press. 408 p.

2. Emery NJ, Clayton NS (2001) Effects of experience and social context on prospective caching strategies by scrub jays. Nature 414: 443–446.

3. Vucetich VA, Peterson RO, Waite TA (2004) Raven scavenging favours group foraging in wolves. Anim Behav 67: 1117–1126.

Traducion de Daniel Gonzalez-Martin do texto de: Chappell J (2006) Living with the Trickster: Crows, Ravens, and Human Culture. PLoS Biol 4(1): e14. doi:10.1371/journal.pbio.0040014

Tagged with:
 

Deixa un comentari

L'adreça electrònica no es publicarà Els camps necessaris estan marcats amb *