O principio da paixón, por Daniel Simberloff

Tradución de Daniel González Martín do artigo de  Simberloff D (2013) The Passion Principle. PLoS Biol 11(8): e1001629. doi:10.1371/journal.pbio.1001629. Published: August 13, 2013. Copyright: © 2013 Daniel Simberloff. This is an open-access article distributed under the terms of the Creative Commons Attribution License, which permits unrestricted use, distribution, and reproduction in any medium, provided the original author and source are credited

Hai unhas décadas, como científico novo, recibín consello a miúdo dun non moi vello Edward O. Wilson, especialmente durante moitos longos días de traballo de campo nas pequenas illas de mangleiros na Baía de Florida. Algúns deles eran directos e explícitos: que facer, que non facer. Mais a maioría eran indirectos, dados durante fascinantes discusións sobre que achegamentos científicos e desenvolvementos realmente fixeron adiantar unha disciplina e porqué algunhas disciplinas semellaron adiantar máis rapidamente que outras, ou sobre argumentos persoais que puideron mesmo atrasar a ciencia un pouco, e certamente non a fixeron avanzar.

journal.pbio.1001629.g001

Wilson EO (2013) Letters to a Young Scientist.
New York: Liveright (W.W. Norton). 245 p. ISBN 978-0871403773 (Capa dura). US$21.95.
doi:10.1371/journal.pbio.1001629.g001

Agora, sendo un científico vello, quedo fascinado lendo as 20 cartas que Wilson escribira especificamente para científicos novos. En moitos xeitos é marcadamente congruente co que me dixera hai case 50 anos na Baía de Florida. As cartas, cada unha un capítulo dirixido principalmente a un tema específico, emanan fortemente da notable traxectoria de Wilson dende un mozo en Alabama obsesionado con serpes e viúvas negras a un dos biólogos principais do mundo con enormes contribucións en ecoloxía, evolución, mirmecoloxía, comportamento, conservación e bioxeografía. Aínda que o libro é manifestamente para novos, persoas non tan novas tamén gozarán da súa lectura e atoparán moita inspiración. Algúns capítulos apuntan claramente a persoas coa idade de Wilson cando exploraba as vespas de Alabama na súa busca para devir un escolta aguia. Outros parecen sinalar a estudantes de grado, socios postdoutorais, e novos na facultade. Aínda así o libro, cun estilo que transcende o “xénero de xove adulto”, entreterá a calquera científico. De feito, grazas ao material autobiográfico, as ideas coidadas, e unhas cantas bombas que Wilson detona ao longo do camiño, o libro faise difícil de deixar.

Quen lera a súa autobiografía, Naturalist [1], recoñecerá algunhas das pasaxes que Wilson escolleu como vehículos do seu consello. Mais mesmo para historias que son ben coñecidas, presenta detalles novos interesantes e a miúdo esclarecedores. Wilson como o rapaz que persegue bolboretas en Washington, D.C. E Alabama. Wilson como herpetólogo que ensina aos rapaces Escolta como manexar (ou, como era, como non manexar) serpes pezoñentas. Wilson como entusiasta tralo rastro da gran formiga primitiva Daceton armigerum en Surinam (esta ou calquera outra narración curta dan todas unha idea da paixón que medra no interior que el ve como o único e maior atributo dun bo científico). Atopar a paixón que te sostén e seguila, non importa formación ou falta de ela, e non se preocupa se semella non estar de moda.

Un segundo pequeno consello é quizais máis abraiante: busca algunha área científica que non estea de moda. “Se un tema xa está a recibir gran parte de atención… mantente fóra do tema.” Formaliza isto no principio número tres: “afástase do son de pistolas. Observa a rifa dende unha distancia, e mentres estás nela, considera facer a túa propia rifa.” Cando Wilson descubría formigas, non moitos mirmecólogos ocupaban o escenario. Hoxe a mirmecologxía podería non ser unha gran elección, de acordo co principio número tres, mais un presume que suficiente creatividade e paixón poden ofrecer unha entusiástica e premiada carreira mesmo nesa disciplina tan poboada (como testemuña Corrie Saux Moreau, a última estudante do doutorado de mirmecoloxía de Wilson). Utiliza a Moreau (agora Conservadora Axudante no Field Museum e unha experta na sistemática de formigas) para exemplificar outro trazo que ve necesario para unha carreira de éxito: moita confianza nas propias ideas e perseverar cara os obstáculos e o escepticismo que outros poderían pór no voso camiño.

Menos controvertido é o principio número cinco: “Para cada problema dunha disciplina científica dada, existe unha especie ou entidade ou fenómeno ideal para a súa solución.” Para Wilson, a importada formiga vermella do fogo (Solenopsis invicta) exemplifica este principio. O estudo do seu comportamento achegou Wilson a descubrimentos que axudaron a dar forma a toda a sociobioloxía e fixo da especie un exemplo clásico de estudo en ecoloxía química. Aínda así, outra parte do principio número cinco é máis sorprendente: “Para cada especie ou entidade ou fenómeno, existen importantes problemas para a solución a cal é idealmente convida.” Wilson narra este aspecto do principio polo feito que, dos diversos millóns de especies na Terra, só unhas poucas especies-modelo son realmente ben coñecidas, e argumenta que calquera recollerá seguramente achegamentos interesantes estudando un organismo que ama intensamente; é a paixón de fondo o que conta. Isto é exactamente o que el tíñame dito repetidamente cando nos balanceabamos en barcas miúdas ou subíamos con dificultade sobre illas de mangleiros na Baía de Florida hai tantos anos.

Moitas das propostas de Wilson non son de amplo alcance, mais son moi prácticas. Isto é particularmente certo en consellos dados aos xoves estudantes. Eu (e moitos dos meus colegas) estamos de acordo con “evitar o nivel de administración dun departamento máis aló de comités de teses se está permitido e é posible. Atopa escusas, evita, apela, negocia…. Considera con agarimo ofertas de traballo de outras universidades ou institucións de investigación que abranguen máis tempo de investigación e menos responsabilidades docentes e administrativas”. Probablemente moitos ecólogos de campo , polo menos, estean de acordo en que “os verdadeiros científicos non collen vacacións. Fan saídas de campo ou estancias de investigación temporal noutras institucións”. Mais pode ser que non o queiran confesar aos seus colegas ou fillos.

As recomendacións están tan na liña con aquelas que un xove Wilson deulle a un xove eu. Fixen unha lista, e servíronme ben. Mais un anaco de consello é bastante diferente dos demais, ou ao menos presentado de diferente xeito e con tanta insistencia que a mensaxe chega de outra maneira. Esta mensaxe, e un ensaio baseado nesta parte do libro publicado no Wall Street Journal [2], levantou moita controversia. Wilson, unha persoa cortés e xenuinamente amable, semella medrar na súa carreira científica xerando grandes (pensade na sociobioloxía) ou pequenas (pensade na selección de grupo) controversias. E fíxoo de novo. Nos anos 60, Wilson sentiu fortemente a importancia das matemáticas na bioloxía, e como membro da facultade, asistiu a cursos preuniversitarios de matemáticas para remediar o seu feble coñecemento da escola. E advertiume á vez de continuar medrando en matemáticas, incluíndo a simulación por ordenador, terreo onde as matemáticas tiñan moito que ofrecer á bioloxía como fixera a química, e que este era un nexo moi pouco explorado (congruente co principio número tres).

Xusto no inicio da segunda carta (”Matemáticas”) Wilson esfórzase en dicir aos biólogos menos iniciados que, se non poden ou non queren aprender matemáticas, non se preocupen, non vai ser impedimento para unha gratificante e importante carreira. É este consello o que levou aos críticos severos en tantos medios públicos como o The Huffington Post e Slate e coincidir ferventemente con biólogos teóricos en blogues, en foros de discusión, e ao redor de dispensadores de augas proverbiais. A máis preta e calmada lectura deixa claro que Wilson, de feito, non escribiu que a matemática non é importante para a bioloxía, ou para a ciencia. El recoñece que en certas ciencias (por exemplo, moita da física e a química) ter man en matemática avanzada é condición sine qua non. Ou que Wilson escribiu é que moitos descubrimentos en bioloxía poden ser achegados con matemáticas básicas e que, se un ten que atacar un problema que require maior destreza matemática de la que un ou unha posúe, é moito máis eficiente colaborar con matemáticos ou colegas biólogos con “mente matemática” que loitar para lograr o requirimento matemático un mesmo. Incluso exemplifica esta noción con algunhas das súas propias colaboracións con matemáticos como George Oster e William Bossert, e con biólogos como (o notable) Robert MacArthur e (o menos notable) eu. De feito, Wilson codifica a súa opinión no principio número dous: “Para todo científico, sexa investigador, técnico ou profesor, de calquera competencia matemática, existe unha disciplina científica para a que ese nivel de competencia matemática é suficiente para achegar a excelencia”.

É posible que os matemáticos teóricos teñan a pel fina e reaccionaran de forma vehemente non preocupándose cando Wilson enunciara esta mensaxe. Sen embargo, o impacto é maior por virtude da súa repetición, ás veces en palabras menos matizadas, en diversos puntos do libro e grazas a súa luminosa estatura en bioloxía. Ademais, algunhas anotacións agradecidas semellan case querer os pelos de punta: “Os anais da bioloxía teórica están atoados con modelos matemáticos que poden ser ignorados sen problema ou, cando son probados, fallan. Probablemente non máis do 10% teñen algún valor duradeiro”. Hai pouca dúbida que moitos modelos matemáticos tiveron pouco valor duradeiro e que agora poden ser ignorados, aínda que é posible que algún ofrecera un rol proveitoso con unha idea máis aló ou unificando datos despois de ser descartado. Sen embargo, aquilo observado e estimado non é realmente axustado ao principio número dous, que está baseado de xeito convincente no resto desta e outras cartas no libro e unha apreciación dos achegamentos e modus operandi de Wilson.

Unha carta sobre “O máis semellante a ter éxito” levanta outro asunto espiñoso, “o pensamento de grupo”, a noción que fai a xuntanza da xente , especialmente xente con fondo diferente, considerar un problema científico ou concepto é como encamiñar un pensamento creativo. Wilson suxire que, nesta experiencia, o maior pensamento creativo está normalmente asociado con individuos, e non grupos, e que estes individuos son a miúdo individualistas, antiautoritarios, introvertidos, e non dados a obter éxito. Wilson ve o rol para grupos colaboradores máis tarde no proceso, despois que a idea calou e isto é evidente que diversos xeitos de cualidades poden ser necesitadas para desenvolvelas máis aló ou para probalas.

Ao longo das cartas Wilson pensa principalmente nos biólogos, e probablemente en biólogos que traballan a un nivel individual ou superior (comunidades e ecosistemas). Loita por encamiñar a todos os científicos e engade as ciencias físicas ás ciencias da vida en diversos puntos, mais pola virtude da súa vida de traballo e o seu interese de longo percorrido en bioxeografía e en diversos aspectos non estudados da biodiversidade da terra, intenta focalizar pesadamente en exemplos e escenarios que cativen a evolucionistas ecolóxicos e estudantes de diferentes taxons. Mutatis mutandis, alguén dixo ben para outras ciencias. Outros se cadra transmiten menos acertadamente. En calquera caso, todo novo científico gañará moito coa lectura deste libro, e incluso os científicos vellos atoparan moito para pensar, ambos en relación á voz autorizada de Wilson da súa evolución como científico e en como adestra a vindeira xeración.

Sobre o autor

Daniel Simberloff é Profesor Nancy Gore Hunger de estudos ambientais na Universidade de Tennessee. Estuda temas ecolóxicas e evolutivas e está especialmente interesado nas causas e consecuencias das invasións biolóxicas. O seu novo libro sobre especies invasoras: What Everyone Needs to Know (2013) segue a The Encyclopedia of Biological Invasions (2011), editada con Marcel Rejmánek. A súa páxina web é: http://eeb.bio.utk.edu/peopletwo/daniel-simberloff/

1. Wilson EO (1994) Naturalist. Washington, DC: Island Press. New ed. 2006.

2. Wilson EO (2013 April 6) Great scientist≠good at math. The Wall Street Journal C2.

Un pensament a “O principio da paixón, por Daniel Simberloff

  1. A lei de Lem

    Nota do tradutor

    Esta tradución é sobretodo a miña lectura do artigo de Daniel Simberloff. Engado deste xeito este texto á A lei de Lem coa finalidade de sempre (escribir en lingua galega) e tamén como primeiro exercicio de tradución. Quero agradecer dende aquí a PlosBiology por difundir os seus contidos en aceso aberto e celebrar a efeméride de hoxe: o dia internacional da tradución.

    Saúdos

    Daniel

Deixa un comentari

L'adreça electrònica no es publicarà Els camps necessaris estan marcats amb *

Podeu fer servir aquestes etiquetes i atributs HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>