Di Sciascia sobre a novela negra…

Este venres ten para min un ar de celebración. Por unha banda, remata a xornada laboral da semana. Por outra, comeza BCNegra 2013. É tamén para min un xeito de celebración ter lido Sciascia por primeira vez. Porque escotei moitas cousas boas del, e porque é deses autores que nunca falta nunha lista de autores clásicos, das que teño moitos pendentes por ler.

‘O corolario de todas as novelas policiais, nas cales bebe boa parte da humanidade, é que o delito ofrécese aos examinadores como un cadro no cal os elementos materiais e, digamos, estilísticos permiten, catalogados e analizados sutilmente, unha inculpación segura. Pero na realidade as cousas acontecen pola contra e os coeficientes de impunidade e de erro son altos, non porque (ou non tan só, ou non sempre) sexa baixa a intelixencia dos investigadores, senón porque os elementos que un crime ofrece son, normalmente, do todo insuficientes. Crimes, ben o podemos dicir, cometidos e planeados por xente que pon toda a súa boa vontade a contribuír a manter un elevado coeficiente de impunidade. (p. 61)’. Leonardo Sciascia.

SCIASCIA, Leonardo. A cadascú el que és seu (A ciascuno il suo. 1966). Traducció de Francesc Parcerisas. Barcelona: Edicions 62, 2009154 p.; 19 cm. (Les Millors obres de la literatura universal. Segle XX: 181). ISBN 9788429761832

Deixa un comentari

L'adreça electrònica no es publicarà Els camps necessaris estan marcats amb *

Podeu fer servir aquestes etiquetes i atributs HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>