Lin ‘Ardalén’

ardalen_fidel

‘Ardalén’, páx 135/6. Cor final. Acrílico. Miguelanxo Prado

Unha marabilla. Eu prefiro recoñecelo: son un incondicional. Polo que a valoración positiva era máis que probable. Custoume un pouco entrar. As citas que preceden o texto explican un pouco demais. As primeiras páxinas, preciosas na súa luz e as súas cores, parecéronme unha gaiola pequena para un debuxo como o de Prado. Este mal intre pasou rápido. Despois gustoume moito atopar a mirada de Fidel ocupando unha viñeta enteira, entre outros planos próximos. A luz e os brillos que comento, ese trazo branco que acompaña ás enrrugas ou aos brillos da pel dos personages, case que me parece o mellor do debuxo.

“… […] mesmo creamos unha categoría específica de cousas ás que chamamos ‘recordos’, […] , e que , ben pensado, non son, a máis das veces, recordos en si mesmos, senón catalizadores, fíos dos que tirar, portas e corredores que nos conducen aos nosos auténticos recordos.” (p. 61)

Chócame un pouco o que di Valentín Vañó no xornal do sábado. Parece mostrar Ardalén como traballo definitivo. E sen ánimo de facerme o antipático, creo que fala do alcance dunha madureza que eu creo que traballos anteriores de Prado xa teñen. Xa digo: é unha opinión. Non vou dicir nada máis de Ardalén. Para min é unha lectura deliciosa que compensa unha longa espreita. Desexo sinceramente que vos guste tanto como a min, e que non sexa a derradeira cousa que tiñamos de Miguelanxo Prado.

PRADO, Miguelanxo. Ardalén. Santiago de Compostela: El Patito Editorial, 2012. 256 p.; il. col. 30×22 cm. ISBN 9788493943455.

 

2 pensaments a “Lin ‘Ardalén’

  1. peke

    Chegoume hai dous días. Poñereime en breve con ela. Non creo que me decepcione, porque Miguelanxo Prado nunca o fai.

  2. Daniel

    Mil desculpas Peke, non vin a túa mensaxe!

    Se hai algo que si se pode dicir de Prado é que fai as cousas con moito agarimo. A ver que te parece “Ardalén”.
    :-)

    Unha aperta

    Daniel

Deixa un comentari

L'adreça electrònica no es publicarà Els camps necessaris estan marcats amb *

Podeu fer servir aquestes etiquetes i atributs HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>