‘Da máquina’, de Alberto Lema
‘Vivir é tomar partido’. Díxoo Antonio Gramsci, creo. Fou unha frase que oín en máis dun contexto ao longo do ano pasado. Oína cando se invitaba á indignación pola nefasta política que estamos sufrindo. Oína tamén cando nos invitaban a votar. Non teño menos motivos ca que ti para estar indignado, mais a frase non me acaba de agradar. Para min obriga un pouco á complicidade necesaria e descarta a posibilidade de imparcialidade. Mais imos á lectura deste libro (que é do que trata esta bitácora).
A máquina protagonista desta novela de Alberto Lema é nin máis nin menos que Deep Blue, enxeño xadrecista que se enfrontase a Garri Kaspárov, e que se implica en asuntos externos ao xogo. Máquina toma vida. Máquina toma partido. E ponse da banda dos oprimidos. Quen colabora con Máquina? Pois uns poucos (aínda que podería recrutar un exército) ‘precarios e cabreados sen vida interior’ .
Da máquina é unha excelente novela. Sinxela na súa estrutura e na súa prosa, non nos priva de inquietude na súa trama, ademais de describir uns personaxes aparentemente de forma superficial, pero que calan fondo polo seu drama, polo desesperanzado da súa situación. Un biólogo en paro, un mozo sen perspectiva laboral, unha moza rica entrada en anos que non acaba de atopar o seu camiño… Nun mundo onde os poderes non deixan de estrangular aos desfavorecidos.
Eu deséxolle éxito a esta novela. Ambientada en Santiago, non fai uso de trucos nin decorados ponposos para centrarse na relación entre as persoas, diferente e particular grazas á intercesión da máquina. Creo que é a ficción científica que paga a pena. E a que desexo que perdure.
LEMA, Alberto. Da Máquina. Vigo: Galaxia, 2012.213 p.; 21 cm. (Literaria: 309). ISBN 9788498654196.
2 Responses to ‘Da máquina’, de Alberto Lema
Deixa un comentari Cancel·la les respostes
Etiquetas
A praia dos afogados Auster-Paul Autores/as galegos/as Autores e autoras Baxter-Stephen Brown-Kenn Camino Cebrián-Mercedes Cementerio de icebergs Citas coa lectura Colección de sobres de azucre Color de las plantas extraterrestres Connelly-Michael Conrad-Joseph Cunqueiro-Álvaro Darwin-Charles Delibes-Miguel Desatinos Duelo: un relato militar Estudios bibliómetricos Evolución Excrecions sobre lecturas Font-Carme Forcadela-Manuel General Kiang-Nancy Lectores e lectoras convidados Lem-Stanislaw Llovet-Jordi Monzó-Quim Narcos Ollos de auga Personaxes lectores Perucho-Joan Pi-i-Cabanyes-Oriol Polo-Toni Queipo-Xavier Reigosa-Carlos-G Rossi-Sergio Salvador-Lluís Sangue sobre a neve Seminarista Títulos Villar-Domingo Wren-ChrisArquivos
- febrer 2013 (4)
- gener 2013 (4)
- novembre 2012 (1)
- octubre 2012 (2)
- setembre 2012 (3)
- juliol 2012 (1)
- juny 2012 (3)
- maig 2012 (4)
- abril 2012 (2)
- març 2012 (3)
- febrer 2012 (5)
- gener 2012 (3)
- desembre 2011 (3)
- novembre 2011 (4)
- octubre 2011 (4)
- setembre 2011 (2)
- juliol 2011 (4)
- juny 2011 (2)
- maig 2011 (4)
- abril 2011 (1)
- març 2011 (4)
- febrer 2011 (7)
- gener 2011 (3)
- desembre 2010 (4)
- novembre 2010 (8)
- octubre 2010 (8)
- setembre 2010 (7)
- agost 2010 (1)
- juny 2010 (3)
- maig 2010 (2)
- març 2010 (5)
- febrer 2010 (7)
- gener 2010 (4)
- desembre 2009 (2)
- novembre 2009 (4)
- octubre 2009 (10)
- setembre 2009 (12)
- agost 2009 (5)
- juliol 2009 (9)
- juny 2009 (3)
- maig 2009 (1)
Chintófanos diversos



















Non teño menos motivos CA ti para estar indignado.
Nas comparativas de diferenciación diante de pronome persoal debe ir Ca e non QUE.
Perdoa se molesto, pero parece que hoxe boto de menos a miña profesión.
Molestar!? Para nada Peke! Estouche sinceramente agradecido. Xa dixen na primeira páxina deste blogue (“Quen son”) que quería ser por favor corrixido se era o caso… Doutro xeito non vou aprender.

Xa teño case esquecidos os meus cursos de galego, e como non podo practicalo, sinto que este blogue non é a maneira e manter o meu pouco coñecemento a flote.
Pero isto tamén unha bitácora de lecturas e máis un anecdotario para min mesmo das miñas lecturas…. Nada, que decidín continuar.
Agradecido pola visita. Unha aperta Peke.
Dani