‘A lei das ánimas’, de Carlos G. Reigosa
Estou en Vigo de vacacións e achégome ao escaparate da tenda de camisetas do Rei Zentolo para ver se me decido a engadir algunha máis á miña colección. Non me decido, pero non me esquezo da camiseta da Santa Compaña. Convencido de facer da Santa Compaña unha lectura de verán, achégome a un dos meus lugares favoritos do casco vello: a biblioteca nodal de Vigo.
Decido non buscar un libro de ensaio porque recordo o último título de Carlos G. Reigosa é precisamente unha ficción sobre a Santa Compaña. Recordo os comentarios que facía sobre o camiño, autores e filósofos en Narcos, e escollo este punto de vista para coñecer como actúa ou enxamio e ou urco.
A novela déixame moi bo sabor de boca. Acerto e encontro o que quero saber da Compañía. Encontro máis cousas. Prodúceme desacougo o principio, que me mergulla na marabillosa paisaxe da costa lucense e as súas praias, e que se interrompe cuns asasinatos horribles. A intriga da narración e o seu desenlace trepidante mantéñenche ao pé de páxina. decepcióname unha chisca non ver a Nivardo e a Carlos en acción. Nesta historia teñen un papel un tanto pasivo. Mais tamén é certo: quen pode nada contra a Santa Compaña?
REIGOSA, Carlos G. A lei das ánimas: a novela da Santa Compaña. Vigo: Editorial Galaxia, 2010. 224 p. 21×14 cm. ISBN 9788498652680. |
2 Responses to ‘A lei das ánimas’, de Carlos G. Reigosa
Deixa un comentari Cancel·la les respostes
Etiquetas
A praia dos afogados Auster-Paul Autores/as galegos/as Autores e autoras Baxter-Stephen Brown-Kenn Camino Cebrián-Mercedes Cementerio de icebergs Citas coa lectura Colección de sobres de azucre Color de las plantas extraterrestres Connelly-Michael Conrad-Joseph Cunqueiro-Álvaro Darwin-Charles Delibes-Miguel Desatinos Duelo: un relato militar Estudios bibliómetricos Evolución Excrecions sobre lecturas Font-Carme Forcadela-Manuel General Kiang-Nancy Lectores e lectoras convidados Lem-Stanislaw Llovet-Jordi Monzó-Quim Narcos Ollos de auga Personaxes lectores Perucho-Joan Pi-i-Cabanyes-Oriol Polo-Toni Queipo-Xavier Reigosa-Carlos-G Rossi-Sergio Salvador-Lluís Sangue sobre a neve Seminarista Títulos Villar-Domingo Wren-ChrisArquivos
- febrer 2013 (4)
- gener 2013 (4)
- novembre 2012 (1)
- octubre 2012 (2)
- setembre 2012 (3)
- juliol 2012 (1)
- juny 2012 (3)
- maig 2012 (4)
- abril 2012 (2)
- març 2012 (3)
- febrer 2012 (5)
- gener 2012 (3)
- desembre 2011 (3)
- novembre 2011 (4)
- octubre 2011 (4)
- setembre 2011 (2)
- juliol 2011 (4)
- juny 2011 (2)
- maig 2011 (4)
- abril 2011 (1)
- març 2011 (4)
- febrer 2011 (7)
- gener 2011 (3)
- desembre 2010 (4)
- novembre 2010 (8)
- octubre 2010 (8)
- setembre 2010 (7)
- agost 2010 (1)
- juny 2010 (3)
- maig 2010 (2)
- març 2010 (5)
- febrer 2010 (7)
- gener 2010 (4)
- desembre 2009 (2)
- novembre 2009 (4)
- octubre 2009 (10)
- setembre 2009 (12)
- agost 2009 (5)
- juliol 2009 (9)
- juny 2009 (3)
- maig 2009 (1)
Chintófanos diversos




















Non coñezo a novela e acábasme de picar a curiosidade. Ten moi boa pinta.
A Santa Compaña forma parte do noso imaxinario de tal xeito que xa nin asusta (é un dicir) e quen máis quen menos coñecemos historias de primeira man contadas polas nosas avoas. Refírome, claro, a xente da miña idade; supoño que para os máis novos ou os novísimos será diferente, porque teño para min que esas tradicións se van perdendo paseniño.
Ola Peke!
A novela està máis que ben, a min gustoume moito. Se cadra ti, se xa coñeces cousas sobre o imaxinario da Santa Compaña, atopas poucas cousas novas. En todo caso, penso que a novela é orixinal no seu achegamento a esta tradición dende a ficción. Unha verdadeira magoa que se estea a perder unha tradición coma esta. Pasa con tantas outras cousas. Aquí, por exemplo, celébrase máis a festa de Halloween que a castanyada….
Chámame a atención isto que dis, de coñecer historias da Santa Compaña por avoas. Unha sorte, penso. Por unha banda, sempre mellor escoitar (sobretodo no caso das tradicións) que non ler o relato. Unha opinión, xaora.
Graciñas pola visita, Peke
Saúdos