Seminario Novela negra en Galicia

Luns, 29 de outubro de 2012 de 16:30 a 19:30h

O seminario ‘Novel·la criminal i gènere a Galícia’, coordinado por María Xesús Lama (Universitat de Barcelona) e Elena Losada (Centre Dona i Literatura), ten como obxectivo abrir unha reflexión sobre a novela criminal en Galicia desde unha perspectiva de xénero. A primeira sesión, sobre violencia e literatura, conta coas intervencións de María Xosé Agra (Universidade de Santiago de Compostela e Consello da Cultura Galega) e Shelley Godsland (University of Brimingham). Na segunda sesión, sobre novela criminal en Galicia, van falar a escritora Laura Caveiro e María Xesús Lama. Este seminario enmárcase no convenio de colaboración asinado este ano entre o Centre Dona i Literatura e mais a Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega.

Luns, 29 de outubro de 2012 de 16:30 a 19:30
Aula Gabriel Oliver, Edificio Josep Carner, planta -1
Facultat de Filologia, Universitat de Barcelona
c/ Aribau 2 – 08007 Barcelona

Máis información: http://www.ub.edu/filgalport/

 

2 pensaments a “Seminario Novela negra en Galicia

  1. Dani

    Non podo Peke! Eu traballo sempre de tarde. Xa me gustaría facer unha crónica, xa….
    :-(

Deixa un comentari

L'adreça electrònica no es publicarà Els camps necessaris estan marcats amb *

Podeu fer servir aquestes etiquetes i atributs HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>