‘El observatorio’, de Michael Connelly
Gústennos ou non, sigámolos ou non, todos sabemos que os grandes eventos deportivos como os que tivemos este verán son tamén unha cortina de fume que axuda a desviar a atención sobre moitos temas, tamén os importantes. A ameaza terrorista é utilizada por algúns para estender opacidade sobre intereses. Esta xogada ten unha importancia principal na trama de El observatorio, do proximamente premiado Michael Connelly.
A ameaza terrorista, co fondo dos atentados en Nova York do 11 de setembro de 2001, é o que pon en alerta aos servizos secretos e policiais. O suceso: o roubo dunha cantidade significativa de material radioactivo utilizado para diagnose a un médico a quen asasinaron. Harry Bosch non é un axente do FBI (que investiga este roubo), pero si o responsable de investigar a morte. A tensa e pouco amigable relación entre entes policiais constitúe un dos alicientes da historia. Bosch demostra ser un policía experto que non quere que a implicación dos federais interfira no que considera o seu caso. Bosch insiste en todo momento: non é o que parece. Admirábel actitude combatente de Bosch, que parece sentirse xa maior para estas festas:
‘Todos estamos bordeando o desaugadoiro -pensou-, algúns están máis preto do buraco negro que outros; algúns o verán vir, e outros non terán ningunha pista cando a resaca agárreos e arrástreos a escuridade para sempre. O importante é loitar. Non deixar de dar patadas. Resistirse sempre á resaca”. (páx. 223)
Posiblemente sexa un erro ler o El observatorio sen ter lido Echo Park, da que atopamos varias referencias. Mais coñecer a Connelly a través da primeira foi moi interesante. ‘El observatorio’ non é unha novela discursiva como o poida ser A praia dous afogados. Connelly fai apenas mención da súa experiencia na Guerra do Vietnam e algún comentario sobre a súa filla.. O seu contido céntrase case exclusivamente no caso que se investiga. Penso que por esta diferenza e polo que me gustou.
| CONNELLY, Michael. El Observatorio. Traducción de Javier Guerrero. Barcelona: Diario Público, cop. 2011. 224 p.; 18 cm. DL B24412-2011. |
2 Responses to ‘El observatorio’, de Michael Connelly
Deixa un comentari Cancel·la les respostes
Etiquetas
A praia dos afogados Auster-Paul Autores/as galegos/as Autores e autoras Baxter-Stephen Brown-Kenn Camino Cebrián-Mercedes Cementerio de icebergs Citas coa lectura Colección de sobres de azucre Color de las plantas extraterrestres Connelly-Michael Conrad-Joseph Cunqueiro-Álvaro Darwin-Charles Delibes-Miguel Desatinos Duelo: un relato militar Estudios bibliómetricos Evolución Excrecions sobre lecturas Font-Carme Forcadela-Manuel General Kiang-Nancy Lectores e lectoras convidados Lem-Stanislaw Llovet-Jordi Monzó-Quim Narcos Ollos de auga Personaxes lectores Perucho-Joan Pi-i-Cabanyes-Oriol Polo-Toni Queipo-Xavier Reigosa-Carlos-G Rossi-Sergio Salvador-Lluís Sangue sobre a neve Seminarista Títulos Villar-Domingo Wren-ChrisArquivos
- febrer 2013 (4)
- gener 2013 (4)
- novembre 2012 (1)
- octubre 2012 (2)
- setembre 2012 (3)
- juliol 2012 (1)
- juny 2012 (3)
- maig 2012 (4)
- abril 2012 (2)
- març 2012 (3)
- febrer 2012 (5)
- gener 2012 (3)
- desembre 2011 (3)
- novembre 2011 (4)
- octubre 2011 (4)
- setembre 2011 (2)
- juliol 2011 (4)
- juny 2011 (2)
- maig 2011 (4)
- abril 2011 (1)
- març 2011 (4)
- febrer 2011 (7)
- gener 2011 (3)
- desembre 2010 (4)
- novembre 2010 (8)
- octubre 2010 (8)
- setembre 2010 (7)
- agost 2010 (1)
- juny 2010 (3)
- maig 2010 (2)
- març 2010 (5)
- febrer 2010 (7)
- gener 2010 (4)
- desembre 2009 (2)
- novembre 2009 (4)
- octubre 2009 (10)
- setembre 2009 (12)
- agost 2009 (5)
- juliol 2009 (9)
- juny 2009 (3)
- maig 2009 (1)
Chintófanos diversos



















Lina hai tempo e gustoume, aínda que non tanto coma outras da serie.
Ola Peke,
Xa me dixo o lector errante que che gustaba moito este autor. Pois se outros títulos son tan o máis bos: fantástico!
Saúdos
Dani