‘Extramunde’, de Xavier Queipo
Este último título de Xavier Queipo esta a recoller boas críticas e diversos premios. Eu celébroo, sinceramente. Mais hai un aspecto que me desconcertou un pouco. Nas críticas que lía dicíase que o libro ‘estaba moi ben escrito’. Que quere dicir isto exactamente? Estará, polo menos ben escrito, se non non tería premio, non si? E outra cousa, seica non esta ben escrito calquera título anterior a este do mesmo autor? Non me quero facer o antipático. Só quero anotar que para min esta boa escrita é un mínimo (que ao meu parecer Queipo sempre superou) e que non merece premio por si soa. É un matiz que me dá moi pouca información no momento de ler sobre un libro.
Cheguei ao libro do mellor xeito: un agasallo. Puiden lelo na calma posterior aos exames. E agora podo corrixir os meus prexuízos e sospeitas. Unha marabilla de historia. Queipo ofrécenos unha novela coral e moi mariñeira, onde as estrelas son unha tripulación enteira de condenados polo despotismo do clero. Na primeira parte narra a chegada ao porto de partida cara ao primeiro destino fixado. A viaxe no ‘Nosa Señora das Augas Santas’ ata o que resulta ser o seu destino final ocupan unha segunda parte. E a terceira parte explícanos o destino final de Paulos Tomé, o roxo de extramunde, que é dalgún xeito un emigrado pola forza a un lugar moi afastado de Galiza.
Paulos Tomé toma un papel principal nas últimas páxinas do libro, pero Extramunde é unha novela coral na que os personaxes ocupan un primeiro plano en diferentes momentos ao longo da narración. Esta é unha das características que a fan particular e lle dan dinamismo á lectura. Poucas páxinas explican unha historia que lle dá o relevo a unha nova, todo co fío da viaxe polas costa de África cara a Ásia. E durante esta, un sen fin de aventuras cun coidado escenario mariñeiro. De fondo, como un grupo de xente se libera do tirano para proseguir o seu camiño. O éxito de chegar moi lonxe, escapar dous caníbales, actuar con temperanza para coñecer aos navegantes chineses, actuar con afouteza contra os piratas, e organizarse de xeito asociativo para non perder o ‘rumbo’ nunca.
Descubrimos en Extramunde un motón de lugares e experiencias á vez que o fan os viaxeiros do ‘Nosa Señora das Augas Santas’. E se o barco navega por mar aberto e calmo, entón é O cego de Zas quen explica unha historia, ou o escriba Manuel de Xurés quen se toma a licenza de engadir épica á crónica. Agora pénsoo deste xeito: cando se fala desta novela como ben escrita, é debido a esta riqueza estilística. Oxalá que o autor gozara da súa escrita tanto coma eu gocei da súa lectura.
QUEIPO, Xavier. Extramunde. Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 2011. 374 p.; 23 cm. (Narrativa: 310). Premio Xerais de Novela 2011. ISBN 9788499143019.
7 Responses to ‘Extramunde’, de Xavier Queipo
Deixa un comentari Cancel·la les respostes
Etiquetas
A praia dos afogados Auster-Paul Autores/as galegos/as Autores e autoras Baxter-Stephen Brown-Kenn Camino Cebrián-Mercedes Cementerio de icebergs Citas coa lectura Colección de sobres de azucre Color de las plantas extraterrestres Connelly-Michael Conrad-Joseph Cunqueiro-Álvaro Darwin-Charles Delibes-Miguel Desatinos Duelo: un relato militar Estudios bibliómetricos Evolución Excrecions sobre lecturas Font-Carme Forcadela-Manuel General Kiang-Nancy Lectores e lectoras convidados Lem-Stanislaw Llovet-Jordi Monzó-Quim Narcos Ollos de auga Personaxes lectores Perucho-Joan Pi-i-Cabanyes-Oriol Polo-Toni Queipo-Xavier Reigosa-Carlos-G Rossi-Sergio Salvador-Lluís Sangue sobre a neve Seminarista Títulos Villar-Domingo Wren-ChrisArquivos
- juny 2013 (1)
- febrer 2013 (4)
- gener 2013 (4)
- novembre 2012 (1)
- octubre 2012 (2)
- setembre 2012 (3)
- juliol 2012 (1)
- juny 2012 (3)
- maig 2012 (4)
- abril 2012 (2)
- març 2012 (3)
- febrer 2012 (5)
- gener 2012 (3)
- desembre 2011 (3)
- novembre 2011 (4)
- octubre 2011 (4)
- setembre 2011 (2)
- juliol 2011 (4)
- juny 2011 (2)
- maig 2011 (4)
- abril 2011 (1)
- març 2011 (4)
- febrer 2011 (7)
- gener 2011 (3)
- desembre 2010 (4)
- novembre 2010 (8)
- octubre 2010 (8)
- setembre 2010 (7)
- agost 2010 (1)
- juny 2010 (3)
- maig 2010 (2)
- març 2010 (5)
- febrer 2010 (7)
- gener 2010 (4)
- desembre 2009 (2)
- novembre 2009 (4)
- octubre 2009 (10)
- setembre 2009 (12)
- agost 2009 (5)
- juliol 2009 (9)
- juny 2009 (3)
- maig 2009 (1)
Chintófanos diversos




















Falo desde a miña experiencia e, se cadra, explico mal iso de “está ben escrito”, pero é como eu o vexo a estas alturas. Non lin o libro, que conste, pero se din que está ben escrito é que o autor sabe escribir (o que leva entre mans, vaia) e usa os recursos e regras do galego con propiedade. Hoxe en día publícase tanta borralla (en todos os idiomas) que cando un libro é digno, entretido e narra unha historia ben contada en galego parece que o crítico ou comentarista se sente na obriga de incidir en que “está ben escrito” para que non crean que é unha parte máis da borralla. Un crítico, con respecto a unha das miñas obras, iniciou o seu artigo facendo un xogo co título: “Exempleridade narratolóxica” dixo, ou algo así, porque o libro se titulaba “Vidas exemplares”.
Neste pequeno e cativo país, se escribes ben (que é o mínimo que se lle pode pedir a un escritor) cómpre destacalo para que non se crea que é unha cousa máis que se publica. Aínda que non lin moito dese autor, ten fama de ser bo escritor.
Acabo de rematar de le-lo libro onte mesmo e mañá espero poñe-lo post no meu blogue (hoxe engadín Ninguén, de Fran Alonso)
Ó igual ca ti, a min o libro deixoume un sabor un pouco raro. Por un lado gustoume mais por outro non sei se é coma para louvalo tanto como andan a facelo. A historia en si gustoume, e incluso tenta mante-lo mesmo ritmo na escrita (non dar grandes brincos temporais) o cal agradézoo. Así e todo, o libro gustoume, mais deixoume un pouco frío. Non é coma aqueles outros libros que os rematas e dis, quero máis.
Apertas
Bo día Peke!
Penso que ‘das no cravo’ (se cadra en galego tedes unha expresión máis linda ou diferente) e agradézoche o comentario. Penso coma ti cando falas desta boralla literaria. Lembro tamén a Carlos C. (un dos meus dous profesores de galego) que era moi crítico coa narrativa galega actual. Podería ser tamén que a sorpresa sexa maior para min que para outros. A min Xavier Queipo é un autor que sempre me gustou e continúa gustándome.
Graciñas pola visita Peke
Saúdos
Daniel
Ola Xosé Lois!
Estarei alerta para ler o teu artigo sobre Extramunde.
Teño que dicirte que case me deixaron máis raro os comentarios que o libro. Cando penso nel, penso que é ‘redondo’, no sentido de ben levado e ben pechado. Ten moitas cousas do autor: os gusto polo descubrimento, por outras culturas, o gusto polo mar…. Teño unha hipótese para este sentimento de frialdade: que sexa unha novela ‘coral’, que non lle sigamos a pista a un personaxe principal dende o inicio ao final. A min as veces pásame…
Graziñas pola visita Xosé Lois
Saúdos
Daniel
Sabedes onde naceu Paulos Tomé?
Grazas
Ola GJ,
Síntoo. Non o sei…
E os lugares máis importantes onde acontece o relato?
Bo día GJ,
Esta novela é unha aventura mariñeira. O barco onde navega esta particular tripulación arrodea África e recala en Madeira e Mozambique ata chegar a Goa na India e tamén Sri Lanka. A historia remata, se non lembro mal, nalgún lugar de Indonesia.
Perdoa a tardanza na resposta GJ
Saúdos