‘Por qué la teoría de la evolución es verdadera’, de Jerry A. Coyne
As primeiras páxinas deste libro son unha advertencia de como o creacionismo pretende gañar terreo nos Estados Unidos e de que xeito Europa comeza a ser obxectivo desta ideoloxía. Non hai dúbida que este perigo é unha das cousas que espolearon Jerry A. Coyne a escribilo. E disto é proba o mesmo libro e o blog que ten o mesmo título (Why evolution is true), un excelente recurso que actualiza aspectos tratados no libro, ademais de engadir outros.
“A evolución ofrécenos un relato certo das nosas orixes que substitúe aos mitos que durante miles de anos satisfixeron a nosa curiosidade. A algunhas persoas isto parécelles profundamente perturbador: a outras, inefablemente excitante.” páx 15.
A lectura deste libro permitiranos saber que argumentan os creacionistas en contra da evolución e como de erradas están estas obxeccións. Aparecen ao longo do texto para ser tombadas, de xeito respectuoso e razoada, unha detrás da outra, capítulo a capítulo.
“A aparición das especies ao longo do tempo, tal como pódese ver nos fósiles, está moi lonxe de ser aleatoria. Os organismos simples evolucionaron antes que os complexos, os antepasados que se predixeron, antes que os seus descendentes. Os fósiles máis recentes son os máis parecidos ás especies vivas. E dispoñemos de fósiles transicións que conectan os principais grupos. Ningunha teoría da creación especial, ningunha teoría que non sexa a evolución, pode explicar estes patróns.” páx 5.
Un motivo para comezar a súa lectura é simplemente somerxinos na compaña deste experto no fascinante tema da teoría da evolución. (Ata me sento tentado a recomendarvos non ler o prólogo, para evitar unha posible actitude belixerante polo tema do creacionismo). Certo que de libros divulgativos sobre a evolución hai uns poucos. Este ten cousas que a min me gustaron moito. Por unha banda, unha linguaxe próxima e clara que invita a proseguir a lectura. Para comprobalo só hai que ler o capítulo ‘Que é a evolución’ , deliciosamente aclaratorio e conciso: a perfecta introdución ao tema para calquera. Por outra, a inclusión de novas probas a partir de descubrimentos en xenética, que lle dan un valor engadido ao libro pola súa actualidade, e que están explicados de xeito sorprendentemente accesible.
E se as incursións do creacionismo son periódicas, tal como di o autor, outro motivo para lelo é recoller argumentos que nos permitan discernir que forma parte da teoría da evolución e que forma parte do dogma relixioso.
2 Responses to ‘Por qué la teoría de la evolución es verdadera’, de Jerry A. Coyne
Deixa un comentari Cancel·la les respostes
Etiquetas
A praia dos afogados Auster-Paul Autores/as galegos/as Autores e autoras Baxter-Stephen Brown-Kenn Camino Cebrián-Mercedes Cementerio de icebergs Citas coa lectura Colección de sobres de azucre Color de las plantas extraterrestres Connelly-Michael Conrad-Joseph Cunqueiro-Álvaro Darwin-Charles Delibes-Miguel Desatinos Duelo: un relato militar Estudios bibliómetricos Evolución Excrecions sobre lecturas Font-Carme Forcadela-Manuel General Kiang-Nancy Lectores e lectoras convidados Lem-Stanislaw Llovet-Jordi Monzó-Quim Narcos Ollos de auga Personaxes lectores Perucho-Joan Pi-i-Cabanyes-Oriol Polo-Toni Queipo-Xavier Reigosa-Carlos-G Rossi-Sergio Salvador-Lluís Sangue sobre a neve Seminarista Títulos Villar-Domingo Wren-ChrisArquivos
- febrer 2013 (4)
- gener 2013 (4)
- novembre 2012 (1)
- octubre 2012 (2)
- setembre 2012 (3)
- juliol 2012 (1)
- juny 2012 (3)
- maig 2012 (4)
- abril 2012 (2)
- març 2012 (3)
- febrer 2012 (5)
- gener 2012 (3)
- desembre 2011 (3)
- novembre 2011 (4)
- octubre 2011 (4)
- setembre 2011 (2)
- juliol 2011 (4)
- juny 2011 (2)
- maig 2011 (4)
- abril 2011 (1)
- març 2011 (4)
- febrer 2011 (7)
- gener 2011 (3)
- desembre 2010 (4)
- novembre 2010 (8)
- octubre 2010 (8)
- setembre 2010 (7)
- agost 2010 (1)
- juny 2010 (3)
- maig 2010 (2)
- març 2010 (5)
- febrer 2010 (7)
- gener 2010 (4)
- desembre 2009 (2)
- novembre 2009 (4)
- octubre 2009 (10)
- setembre 2009 (12)
- agost 2009 (5)
- juliol 2009 (9)
- juny 2009 (3)
- maig 2009 (1)
Chintófanos diversos




















Parece incrible que a estas alturas sexa necesario un libro deste tipo. Non acabo de entender por que os creacionistas non aceptan a teoría da evolución; ao meu modo de ver, unha non exclúe a outra.
Ola Peke!
(Perdoa pola tardanza, estiven fora uns dias)
Hai autores, como por exemplo Stephen Jay Gould, que falan desta diversidade de mestrías. De acordo con estes a relixión serviría como guía moral e a ciencia como guía para entender o mundo natural. No capítulo 9 do libro Coyne fálanos desta resistencia a crer na teoría da evolución, explícanos como hai xente que di que “ten que haber algo máis aló”. En calquera caso, témome moito que Coyne non é destas persoas que ven esta compatibilidade….
Saúdos Peke