‘La isla de las voces’, de Robert Louis Stevenson
Curioso e descoñecido para min este conto de Robert Louis Stevenson, que atopo na sala infantil dunha biblioteca pública (xunto aos libros de Gerónimo Stilton!). Quedo un pouco contrariado cando remato a súa lectura, pois non estou seguro que o texto estea dirixido a nenos e nenas de a partir de once anos. Se cadra as ilustracións de Alfredo Benavídez Bedoya, chulísimas, en branco e negro, densas en número de liñas como as impresións dixitais, confundiron ao bibliotecario.
A imaxe que máis me gusta é a de Kalamake, bruxo autoritario que non leira nada ben con Keola, marido da súa filla Lehua. O conto é unha historia de desavinza familiar e desaprobación. Kalamake intenta asustar a Keola. Conségueo provocando o naufraxio da súa barca. Este é rescatado por un barco, pero aproveita a escapar polo trato recibido. Deste xeito é como chega á illa das voces, lugar onde estivera antes sen sabelo. Pero da trama non vos vou a explicar máis.
Non é importante onde atopeis o libro, e si poder gozar deste texto de Stevenson recuperado dunha forma tan exquisita por esta editorial. Se o buscades nunha biblioteca, non deixedes de visitar a sala infantil. Seica importa o lugar onde atopar unha sorpresa?
STEVENSON, Robert Louis; BENAVÍDEZ BEDOYA, Alfredo (il). La Isla de las voces. (The Isle of Voices. 1893). Traducción: Marcial Souto. Barcelona: Libros del Zorro Rojo, cop. 2006. 32 p. 28 cm. (Biblioteca del faro: 3). ISBN 9788496509436.
2 Responses to ‘La isla de las voces’, de Robert Louis Stevenson
Deixa un comentari Cancel·la les respostes
Etiquetas
A praia dos afogados Auster-Paul Autores/as galegos/as Autores e autoras Baxter-Stephen Brown-Kenn Camino Cebrián-Mercedes Cementerio de icebergs Citas coa lectura Colección de sobres de azucre Color de las plantas extraterrestres Connelly-Michael Conrad-Joseph Cunqueiro-Álvaro Darwin-Charles Delibes-Miguel Desatinos Duelo: un relato militar Estudios bibliómetricos Evolución Excrecions sobre lecturas Font-Carme Forcadela-Manuel General Kiang-Nancy Lectores e lectoras convidados Lem-Stanislaw Llovet-Jordi Monzó-Quim Narcos Ollos de auga Personaxes lectores Perucho-Joan Pi-i-Cabanyes-Oriol Polo-Toni Queipo-Xavier Reigosa-Carlos-G Rossi-Sergio Salvador-Lluís Sangue sobre a neve Seminarista Títulos Villar-Domingo Wren-ChrisArquivos
- febrer 2013 (4)
- gener 2013 (4)
- novembre 2012 (1)
- octubre 2012 (2)
- setembre 2012 (3)
- juliol 2012 (1)
- juny 2012 (3)
- maig 2012 (4)
- abril 2012 (2)
- març 2012 (3)
- febrer 2012 (5)
- gener 2012 (3)
- desembre 2011 (3)
- novembre 2011 (4)
- octubre 2011 (4)
- setembre 2011 (2)
- juliol 2011 (4)
- juny 2011 (2)
- maig 2011 (4)
- abril 2011 (1)
- març 2011 (4)
- febrer 2011 (7)
- gener 2011 (3)
- desembre 2010 (4)
- novembre 2010 (8)
- octubre 2010 (8)
- setembre 2010 (7)
- agost 2010 (1)
- juny 2010 (3)
- maig 2010 (2)
- març 2010 (5)
- febrer 2010 (7)
- gener 2010 (4)
- desembre 2009 (2)
- novembre 2009 (4)
- octubre 2009 (10)
- setembre 2009 (12)
- agost 2009 (5)
- juliol 2009 (9)
- juny 2009 (3)
- maig 2009 (1)
Chintófanos diversos




















Tampouco eu coñezo ese conto. Ten boa pinta.
Stevenson ten moitos contos e fábulas que eu estou a descobrir agora. Este conto pódese atopar nalgunha recopilación, mais eu recomendo non deixar de botarlle unha ollada a esta que ten estas ilustracións.
Graciás pola visita, Peke.
Saúdos