‘Los naúfragos del Batavia’, de Simon Leys
Non sabía apenas nada da historia deste navío, aínda que sabía que non foi un naufraxio típico (se se pode dicir que algún o sexa). Logo de dicirme ao min mesmo que non mercaría máis libros, adquirín este breve título cunha tenebrosa mariñeira de Henry Van de Velde fillo na portada.
O libro consiste nun breve ensaio histórico do destino que sufrira o Batavia e a súa tripulación en naufragar preto das costas de Australia, cando se dirixía á actual Iacarta. O texto consiste nun superior exercicio de síntese (loado por moitos, como por exemplo Enrique Vila-Matas) por parte do seu autor: Simon Leys. E digo superior porque parece incrible como Leys fai caber en oitenta e poucas páxinas a historia relacionada co barco, o sucedido antes da súa viaxe e máis o ocorrido despois do naufraxio. Lectura breve e de contido concentrado que devén unha lectura de pracer.
Pero que drama chegar á última páxina! Non sei se outros lectores quedarán tan insatisfeitos coma min ao ler Los naúfragos del Batavia. Eu quedeime coas ganas de saber máis de case todo. Do encontro que tiveron patrón e sobrecargo antes de formar parte da tripulación, da construcción do navío, dos seus tripulantes, da viaxe, do motín que se argallaba, do naufraxio mesmo, do pintor “Torrentius”, dos soldados que enviados á morte lograron atopar auga potable….
Pero non nos enfademos aínda. E sobretodo, non nos enfademos co autor. Este xa explica que non pode nin pretende engadir máis á fantástica monografía de Michael Dash sobre o suceso: Batavia’s Graveyard, traducido ao castelán por Núria Salinas co título La tragedia del Batavia.
Pois nada, aceptemos a invitación que supón o título de Leys ao libro de Dash. Agora que… imos ter un pequeno problema, porque esta edición en castelán está esgotada, a pesar de ser un libro de 2003 (!?). Sen chegar a ser isto motivo de enfado, se o é de auténtica decepción. A ver se a publicación do libro de Leys anima á editorial a deixarnos ler o libro de Michel Dash.

Batavia. Réplica a escala real, by pakelc. (CC BY-ND 2.0). http://www.flickr.com/photos/31683750@N02/
LEYS, Simon. Los náufragos del Batavia: anatomía de una masacre. (Les Naufragés du Batavia. 2003). Tradución de José Ramón Monreal. Barcelona: Acantilado, 2011. 85 p. 18 cm. (Cuadernos del Acantilado: 48) ISBN 9788415277408.
Etiquetas
A praia dos afogados Auster-Paul Autores/as galegos/as Autores e autoras Baxter-Stephen Brown-Kenn Camino Cebrián-Mercedes Cementerio de icebergs Citas coa lectura Colección de sobres de azucre Color de las plantas extraterrestres Connelly-Michael Conrad-Joseph Cunqueiro-Álvaro Darwin-Charles Delibes-Miguel Desatinos Duelo: un relato militar Estudios bibliómetricos Evolución Excrecions sobre lecturas Font-Carme Forcadela-Manuel General Kiang-Nancy Lectores e lectoras convidados Lem-Stanislaw Llovet-Jordi Monzó-Quim Narcos Ollos de auga Personaxes lectores Perucho-Joan Pi-i-Cabanyes-Oriol Polo-Toni Queipo-Xavier Reigosa-Carlos-G Rossi-Sergio Salvador-Lluís Sangue sobre a neve Seminarista Títulos Villar-Domingo Wren-ChrisArquivos
- febrer 2013 (4)
- gener 2013 (4)
- novembre 2012 (1)
- octubre 2012 (2)
- setembre 2012 (3)
- juliol 2012 (1)
- juny 2012 (3)
- maig 2012 (4)
- abril 2012 (2)
- març 2012 (3)
- febrer 2012 (5)
- gener 2012 (3)
- desembre 2011 (3)
- novembre 2011 (4)
- octubre 2011 (4)
- setembre 2011 (2)
- juliol 2011 (4)
- juny 2011 (2)
- maig 2011 (4)
- abril 2011 (1)
- març 2011 (4)
- febrer 2011 (7)
- gener 2011 (3)
- desembre 2010 (4)
- novembre 2010 (8)
- octubre 2010 (8)
- setembre 2010 (7)
- agost 2010 (1)
- juny 2010 (3)
- maig 2010 (2)
- març 2010 (5)
- febrer 2010 (7)
- gener 2010 (4)
- desembre 2009 (2)
- novembre 2009 (4)
- octubre 2009 (10)
- setembre 2009 (12)
- agost 2009 (5)
- juliol 2009 (9)
- juny 2009 (3)
- maig 2009 (1)
Chintófanos diversos


















