‘Las alas del dinosaurio’, de Sissel-Jo Gazan
Las alas del dinosaurio, novela policíaca e primeiro título de éxito da autora danesa Sissel-Jo Gazan, ten unhas poucas características que fan dela un espécime raro dentro do xénero. Para lectores coma min, que o tema dos dinosauros apareza dalgún xeito é un aliciente máis que chama á súa lectura.
Anna Bela Nor é unha estudante de bioloxía que ten que defender a súa tese. Deste xeito vehículase un dos temas da novela, que aínda que secundario, chamoume moito a atención. Anna Bela Nor atópase entre o fogo cruzado de dous grupos de investigadores, de “colexios invisíbeis”: os defensores das aves como dinosauros contemporáneos e os contrarios a esta hipótese, que defenden a independencia da clase.
“Esquece o libro– dixo bruscamente– e le polo menos quince artigos de autoras que sosteñan que as aves son dinosauros contemporáneos e outros quince de autoras que opinan o contrario. Entón veralo todo claro.”(p.42)
Anna Bela está de parte “dos bos”, dos primeiros, que están apoiados polos novos descubrimentos paleontolóxicos. [Teremos outra oportunidade de engadir ao Common Knowlegde de LT o descubrimento de fósiles como Confuciusornis ou Beipiaosaurus,?]. O achado de dinosauros con plumas elimina elementos diferentes entre estes e as aves, e por isto pasan a ser o mesmo grupo. Gazan tamén nos “coa” na trama algunha reflexión interesante sobre o mundo editorial académico:
“Tyberg explicoulle que o consello de redacción deste tipo de revistas adoitaba estar integrado por cinco redactoras con formación académica, o que –dito con outras palabras– equivalía a afirmar que a decisión de que asuntos científicos debían chegar á opinión pública estaba en mans de só quince persoas, cinco por cada unha da tres principais publicacións.” (p.44)
Mais Anna bela non pode optar ao seu título de doutora porque o seu titor morreu en circunstancias estrañas, un contaxio con larvas de parásitos (Taenia sp) que soamente pode interpretarse como intencionado. O inspector máis novo de Dinamarca, Soren Marhauge, investiga o caso.
A novela descobre liortas e contendas da vida dos académicos dun xeito xenial, constituíndo un dos aspectos máis chulos do libro como se desenvolve esta rivalidade entre investigadores. Las alas del dinosaurio é tamén unha novela moi urbana, onde as rúas de Copenhague teñen unha presenza destacada, así como o seu museo de zooloxía e a súa universidade. Un último aspecto destacábel é o desenvolvemento dos personaxes, que teñen vidas tan “movidas” como belixerante é o ambiente no museo. Un tema recorrente na narración son os fillos, dende varios puntos de vista. Fillos ilexítimos, custodiados, maltratados, perdidos, desexados, non-desexados, posiblemente-adoptados, rexeitados….. Ao principio pareceume un pouco excesivo que todos os personaxes tivesen algún episodio da súa vida que vinculase unha situación desgraciada con este tema. Mais Teresa, unha avantaxada lectora en novela negra escandinava, explicábame que o tema familiar é común a moitos autores e autoras. Será entón unha característica destes?
Gústenvos ou non os dinosauros, sexades ou non lectores do xénero (policíaco), non deixades de visitar Copenhague da man de Sissel-Jo Gazan. Paga a pena.
GAZAN, Sissel-Jo. Las alas del dinosaurio. (Dinosaurens fjer. 2008). Tradución de Blanca Ortiz Ostalé. Madrid: Alfaguara, [2011]. 494 p.; 24 cm. ISBN 9788420407241.
Etiquetas
Alfred R. Wallace Ano Internacional da Quimica 2011 A praia dos afogados Audiolibros Bestsellers Bibliotecas Bioloxía Carme Font Ciencia ficción Citas coa lectura Club de lectura Concursos de relatos Darwin Darwin 2009 Darwinismo Domingo Villar Estaleiros Evolución Evolución biolóxica Falk Ficción científica Galego Joan Perucho Joseph Conrad La playa de los ahogados lectura Leo Caldas Libreiros Libro electrónico Lluís Salvador Lord Jim Medicina-novela Novela histórica Novela negra Ollos de auga O paso do noroeste Panxón na ficción Paul Auster Reto 2010 Stanislaw Lem Stephen Baxter Superventas Vigo na ficción Villar-Domingo Xavier Queipo
Novos na miña biblioteca- Papeles dispersos de Miguelanxo Prado 05/05/2012Barcelona : Norma, 2009 […]
- Si una noche de invierno un viajero de Italo Calvino 03/05/2012Madrid : Siruela, 2009 […]
- O máis estraño : contos reunidos de Manuel Rivas 23/04/2012Xerais: Vigo, 2011 […]
- Qué difícil es ser Dios de Arkadii Natanovich Strugatskii 23/04/2012Barcelona : Gigamesh, 2011 […]
- La Isla de las voces de Robert Louis Stevenson 21/04/2012[S.l.] : [Barcelona] : Ramon Llaca ; Libros del Zorro Rojo, 2006 […]
- Kraken de China Mieville 05/04/2012Del Rey (2010), Edició: Book Club, Hardcover, 528 pàgines […]
- Papeles dispersos de Miguelanxo Prado 05/05/2012
Arquivos
- maig 2012 (2)
- abril 2012 (2)
- març 2012 (3)
- febrer 2012 (5)
- gener 2012 (3)
- desembre 2011 (3)
- novembre 2011 (4)
- octubre 2011 (4)
- setembre 2011 (2)
- juliol 2011 (4)
- juny 2011 (2)
- maig 2011 (4)
- abril 2011 (1)
- març 2011 (4)
- febrer 2011 (7)
- gener 2011 (3)
- desembre 2010 (4)
- novembre 2010 (8)
- octubre 2010 (8)
- setembre 2010 (7)
- agost 2010 (1)
- juny 2010 (3)
- maig 2010 (2)
- març 2010 (5)
- febrer 2010 (7)
- gener 2010 (4)
- desembre 2009 (2)
- novembre 2009 (4)
- octubre 2009 (10)
- setembre 2009 (12)
- agost 2009 (5)
- juliol 2009 (9)
- juny 2009 (3)
- maig 2009 (1)
Chintófanos diversos

























