‘El astillero’, de Juan Carlos Onetti

Os estaleiros abrazados pola cidade de Vigo (11 de marzo de 2010). Fotográfia de fran eirin (CC BY-NC 2.0)
Sempre que leo a palabra estaleiro penso en Vigo, en Bouzas…. Coñezo outros, pero o primeiro lugar que me chega á mente é, invariablemente, esta cidade das Rias Baixas. Cando tiven na miña man El astillero, e sen ler sequera unha páxina, foi nas gradas de Freyre, Armond e Fillos de Barreiras nas que pensei, nas súas enormes portas, as súas grúas, na rúa de Beiramar.
El astillero, de Juan Carlos Onetti, non está ambientado en Vigo, se non en Santa María da Rocha, en Uruguai. A historia acontécelle a Larsen, un vello que volve a unha cidade que non lle ten estima. Larsen traballa nese estaleiro que esta a piques da bancarrota. Ten en mente conquistar á filla do dono do estaleiro, moito máis nova que o protagonista e acusada de tola por moitos. Se a empresa xa pinta complicada, a venda dun falso título comercial fai perigar a xa torpedeada saúde do estaleiro.
Fun sorprendido pola escrita do autor, a quen leo por primeira vez. Unha prosa particular, discursiva, moi descritiva ás veces, con esas comiñas que detallan un pensamento. (un exemplo, na páxina 79, ”pareceume que era o….[...]”. e 30 liñas despois: “[...] se era el”). Tarde descubro que El astillero é a segunda novela de Santa María. A primeira é La vida breve, que posiblemente explíque as oríxes de Larsen.
Este desexa a continuidade do estaleiro, e desexa poder atopar xeito de salvalo e volver darlle actividade. Curiosa a coincidencia coa situación que viven os estaleiros de Vigo e outros lugares de Galiza, estando a novela ambientada na outra riba do atlántico. Seguro que máis dun destes estaleiros teñen ou tiveron “o seu Larsen”, e moitas historias máis.
ONETTI, Juan Carlos. El astillero. Barcelona: Salvat Editores, 1983. 172 p. 18×12 cm. (Biblioteca básica Salvat,63) ISBN 978-84-345-8066-4.
Agradecido a fran eirin por compartir a súa fotografía.
Etiquetas
Alfred R. Wallace Ano Internacional da Quimica 2011 A praia dos afogados Audiolibros Bestsellers Bibliotecas Bioloxía Carme Font Ciencia ficción Citas coa lectura Club de lectura Concursos de relatos Darwin Darwin 2009 Darwinismo Domingo Villar Estaleiros Evolución Evolución biolóxica Falk Ficción científica Galego Joan Perucho Joseph Conrad La playa de los ahogados lectura Leo Caldas Libreiros Libro electrónico Lluís Salvador Lord Jim Medicina-novela Novela histórica Novela negra Ollos de auga O paso do noroeste Panxón na ficción Paul Auster Reto 2010 Stanislaw Lem Stephen Baxter Superventas Vigo na ficción Villar-Domingo Xavier Queipo
Novos na miña biblioteca- Papeles dispersos de Miguelanxo Prado 05/05/2012Barcelona : Norma, 2009 […]
- Si una noche de invierno un viajero de Italo Calvino 03/05/2012Madrid : Siruela, 2009 […]
- O máis estraño : contos reunidos de Manuel Rivas 23/04/2012Xerais: Vigo, 2011 […]
- Qué difícil es ser Dios de Arkadii Natanovich Strugatskii 23/04/2012Barcelona : Gigamesh, 2011 […]
- La Isla de las voces de Robert Louis Stevenson 21/04/2012[S.l.] : [Barcelona] : Ramon Llaca ; Libros del Zorro Rojo, 2006 […]
- Kraken de China Mieville 05/04/2012Del Rey (2010), Edició: Book Club, Hardcover, 528 pàgines […]
- Papeles dispersos de Miguelanxo Prado 05/05/2012
Arquivos
- maig 2012 (2)
- abril 2012 (2)
- març 2012 (3)
- febrer 2012 (5)
- gener 2012 (3)
- desembre 2011 (3)
- novembre 2011 (4)
- octubre 2011 (4)
- setembre 2011 (2)
- juliol 2011 (4)
- juny 2011 (2)
- maig 2011 (4)
- abril 2011 (1)
- març 2011 (4)
- febrer 2011 (7)
- gener 2011 (3)
- desembre 2010 (4)
- novembre 2010 (8)
- octubre 2010 (8)
- setembre 2010 (7)
- agost 2010 (1)
- juny 2010 (3)
- maig 2010 (2)
- març 2010 (5)
- febrer 2010 (7)
- gener 2010 (4)
- desembre 2009 (2)
- novembre 2009 (4)
- octubre 2009 (10)
- setembre 2009 (12)
- agost 2009 (5)
- juliol 2009 (9)
- juny 2009 (3)
- maig 2009 (1)
Chintófanos diversos

























