‘Las vidas de Joseph Conrad’, de John Stape
“Ah, unha biografía?”. Este foi o comentario dunha persoa sobre este libro que tiña encima da mesa de clase. É certo, non é un xénero popular. Eu, aparte desta, só recordo ter lida algunha sobre Charles Darwin.
“Toda biografía contén inevitablemente elementos de ficción”. (p.11), di John Stape no prólogo, onde explica o rigoroso traballo que fixo. Eu considero que fixo tamén un exercicio de honestidade e de respecto con aquilo que realmente está documentado sobre Conrad. “De ser certo”, ou “se realmente sucedeu” son algunhas das expresións que utiliza Stape para subliñar a limitada veracidade dalgunhas fontes.
Esta biografía non é unha biografía literaria, trátase máis ben dunha descrición das diferentes etapas da vida de Conrad. As referencias ás súas obras son inevitábeis e de agradecer. (Aínda que non sempre. Neste sentido parécenme moi contundentes os comentarios a The rescue e máis The gold arrow, que son libros que non hai que ler, se facemos caso do que di sobre estes títulos).
Gustoume especialmente a parte que fala do Conrad mariñeiro, e de como Stape explica en que capitáns e tripulantes compañeiros do escritor da Galiza (do este de Europa) puideron inspirar algúns dos seus personaxes. A vida do Conrad escritor profesional tamén me pareceu moi interesante. Non tiña coñecemento da popularidade de Conrad en vida e sorprendeume o mundo editorial da época. Conrad era un autor moi popular que asinaba contratos polas súas obras e non un autor que recibise un pequeno tanto por cento do que publicaba. Doulle a esta parte do libro un valor instrutivo na historia da edición.
Pero Conrad, por un motivo ou por outro, non conseguía xestionar a súa economía con moderación. A angustia polos problemas de diñeiro, o malestar físico e preocupacións familiares son a tónica na derradeira parte da biografía, que debuxa un Conrad triste e desconforme. Era esixente coa súa escritura e lamentaba non chegar a un maior número de lectores, pero tímido e nervioso ante a multitude (na súa visita aos Estados Unidos de América).
Stape descóbreme un Conrad distante nos seus últimos anos, solitario e complexo. Un final quizais irremediábel para un home que ve como o mundo que estima cambia (a maneira de navegar, a guerra…) non para mellor. Mais aínda que con final triste, a pesar do ton queixoso e infeliz, non pechei o libro con desgusto. Quédame todo aquilo escrito por Conrad para recuperar o bo gusto da súa narrativa xenial e única.
STAPE, John H. Las Vidas de Joseph Conrad. (The several lives of Joseph Conrad . 2007) Trad. de Ramon Vilà. Barcelona: Debolsillo, 2009. 543 p.; 19 cm. (Biografía; 228) ISBN 9788483460689.
Imaxe: Smoking artists: Joseph Conrad (Polish/ English Writer) by NCMallory (http://www.flickr.com/photos/augustusswift/) [consultado: 14 decembro 2010]
One Response to ‘Las vidas de Joseph Conrad’, de John Stape
Deixa un comentari Cancel·la les respostes
Etiquetas
Alfred R. Wallace Ano Internacional da Quimica 2011 A praia dos afogados Audiolibros Bestsellers Bibliotecas Bioloxía Carme Font Ciencia ficción Citas coa lectura Club de lectura Concursos de relatos Darwin Darwin 2009 Darwinismo Domingo Villar Estaleiros Evolución Evolución biolóxica Falk Ficción científica Galego Joan Perucho Joseph Conrad La playa de los ahogados lectura Leo Caldas Libreiros Libro electrónico Lluís Salvador Lord Jim Medicina-novela Novela histórica Novela negra Ollos de auga O paso do noroeste Panxón na ficción Paul Auster Reto 2010 Stanislaw Lem Stephen Baxter Superventas Vigo na ficción Villar-Domingo Xavier Queipo
Novos na miña biblioteca- Papeles dispersos de Miguelanxo Prado 05/05/2012Barcelona : Norma, 2009 […]
- Si una noche de invierno un viajero de Italo Calvino 03/05/2012Madrid : Siruela, 2009 […]
- O máis estraño : contos reunidos de Manuel Rivas 23/04/2012Xerais: Vigo, 2011 […]
- Qué difícil es ser Dios de Arkadii Natanovich Strugatskii 23/04/2012Barcelona : Gigamesh, 2011 […]
- La Isla de las voces de Robert Louis Stevenson 21/04/2012[S.l.] : [Barcelona] : Ramon Llaca ; Libros del Zorro Rojo, 2006 […]
- Kraken de China Mieville 05/04/2012Del Rey (2010), Edició: Book Club, Hardcover, 528 pàgines […]
- Papeles dispersos de Miguelanxo Prado 05/05/2012
Arquivos
- maig 2012 (2)
- abril 2012 (2)
- març 2012 (3)
- febrer 2012 (5)
- gener 2012 (3)
- desembre 2011 (3)
- novembre 2011 (4)
- octubre 2011 (4)
- setembre 2011 (2)
- juliol 2011 (4)
- juny 2011 (2)
- maig 2011 (4)
- abril 2011 (1)
- març 2011 (4)
- febrer 2011 (7)
- gener 2011 (3)
- desembre 2010 (4)
- novembre 2010 (8)
- octubre 2010 (8)
- setembre 2010 (7)
- agost 2010 (1)
- juny 2010 (3)
- maig 2010 (2)
- març 2010 (5)
- febrer 2010 (7)
- gener 2010 (4)
- desembre 2009 (2)
- novembre 2009 (4)
- octubre 2009 (10)
- setembre 2009 (12)
- agost 2009 (5)
- juliol 2009 (9)
- juny 2009 (3)
- maig 2009 (1)
Chintófanos diversos



























Informaci�n de BlogESfera.com……
Puedes valorar este post en BlogESfera.com haciendo click aqui….