O pasado día 31 de xaneiro publicouse o número dous da revista 452ºF. Revista de Teoría da Literatura e Literatura Comparada.

Unha imaxe da publicación

A revista, constituída coa intención de funcionar como portal de diálogo en torno aos estudos literarios desde un punto de vista multidisciplinario, fomenta a participación de investigadores predoutorais ao mesmo tempo que reivindica a construción dun discurso científico plurilingüe.

Este novo número monográfico céntrase nas relacións entre a disciplina da Literatura Comparada e a construción das identidades nacionais, produciuse un significativo aumento no número de artigos recibidos. De todos eles, finalmente viron a luz un total de oito.

As traducións dos seus contidos aos catro idiomas da revista (castelán, inglés, euskera e catalán) serán publicadas ao longo do mes de febreiro.

Por outra banda, a revista convocou xa unha nova recepción de artigos con motivo da preparación do seu terceiro número, que propón un monográfico que expoña a problemática relación existente entre a Literatura Comparada e o ámbito dos Estudos Culturais: as achegas da teoría literaria aos estudos culturais, o texto literario como dispositivo cultural, a problematización da categoría de «literariedade», a análise da literatura popular e de masas e os estudos culturais diacrónicos son as principais vías de estudo propostas para tal efecto.

Para contactar coa publicación: revista@452f.com

Tagged with:
 

Deixa un comentari

L'adreça electrònica no es publicarà Els camps necessaris estan marcats amb *

*

Podeu fer servir aquestes etiquetes i atributs HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>