Evolución, de Stephen Baxter. Libro II: humanos

Xa falei un pouco da primeira parte deste título (o 26 de xaneiro) e hoxe tócalle á segunda: o libro II: humanos.  Dos Australopitecos facendo as súas primeiras paseadas pola sabana, á vez que nos explica os cambios producidos á evolución no logro do bipedismo (páx. 209), até as primeiras cidades consecuencia do sedentarismo [...]

A publicación 452ºF prepara o seu número 3

O pasado día 31 de xaneiro publicouse o número dous da revista 452ºF. Revista de Teoría da Literatura e Literatura Comparada.

Unha imaxe da publicación

A revista, constituída coa intención de funcionar como portal de diálogo en torno aos estudos literarios desde un punto de vista multidisciplinario, fomenta a participación de [...]

Domingo Villar en Barcelona

“Prémenos o urxente e esquecemos o importante. Eu creo que o escritor ten, cando esta a escribir, a oportunidade de pensar no importante e deixar a unha banda o urxente.” Domingo Villar.

Domingo Villar nunha charla de BCNegra, o dia 6 de febreiro de 2010. Fotografía: Núria Doya

O pasado sábado 6 [...]

Codi genètic, de Amàlia Lafuente

Lafuente, Amàlia Codi genètic. Barcelona : Proa, 2009. 350 p., 23 cm. (Beta: 200). ISBN: 978-84-8437-903-4

Codi genètic, de Amàlia Lafuente, é o primeiro libro que lin este ano. Foi un agasallo destes que se fan por ningún motivo en especial ou sen ter relación con ningunha data sinalada ou celebración: [...]

Unha cita coa lectura (20): ver un albatros, ou non

“Agora pertenzo a un culto máis alto de mortais, porque vin o albatros”. Robert Cushman Murphy.

Nas primeiras páxinas dunha lindísima guía de aves dun paraxe espectacular e máxico (Patagonia) atoparémonos coa imaxe da ave de maior envergadura: un albatros errante (Wandering Albatross, Diomedea exulans). E dúas páxinas máis adiante esta cita de Robert [...]

Unha cita coa lectura (19): Best-sellers vs Clásicos

Unha viñeta de Macanudo, de Liniers

Hoxe, unha viñeta en vez dunha cita. Liniers é o autor dunha serie de tiras moi lindas e simpáticas que compila nos seus álbums (e xa van cinco) que teñen o título de Macanudo. Aquí podedes ver un Best-seller afrontarse a un peso pesado: o Ulises, [...]

Unha cita coa lectura (18): lectores fanáticos

“Quen vive de xeito case neurótico a actividade de ler, tanto como outros o alcohol ou o fútbol, desexamos que quen nos arrodea sexa coma nós, lector”. Víctor Moreno.

Esta é unha desas primeiras liñas que fan de garfo. A min pasoume no intre de ler as primeiras palabras do ensaio sobre a lectura [...]